Partido Popular de Lugo

O PP de Foz urxe a Cajoto a que cite aos familiares dos usuarios da Residencia de Maiores e pense como reducir as tarifas

Foz, 20 de maio de 2024. O Partido Popular de Foz urxe a Cajoto a que cite aos familiares dos usuarios da Residencia de Maiores e pense como reducir as tarifas. Así o fai tras a adxudicación do novo contrato da Residencia de Foz.

“Chama poderosamente a atención que o goberno local dixera hai ano e medio, aproximadamente, que os prezos eran suficientes para defender o servizo o que levou ao enfrontamento coa anterior empresa e que agora aprobe unha suba das tarifas a moitos usuarios que non poderán asumir”, lamenta o voceiro do popular, Javier Jorge Castiñeira. O PP entende que si se quere ter unha residencia municipal para todos os focenses o Concello vai a ter que poñer medios e recursos para dar ese servizo, como o están a facer o resto dos concellos que participan no Consorcio da Xunta de Galicia ou que están participando nas residencias da Deputación que, tamén, teñen que pagar a súa parte proporcional.; e o Concello de Foz vai a ter que facelo e en caso de que non queira facelo vai a repercutir directamente nos prezos aos usuarios.

Por outra parte, en primeiro lugar, hai que lembrar que se estivo un ano e medio nunha situación irregular por culpa da desidia do equipo de goberno, por non querer firmar, no seu día, un convenio coa Xunta de Galicia que o retrasou todo xa que, ao final, non tivo máis remedio que firmalo. En segundo lugar, o equipo de goberno do PSOE e BNG non quixo formalizar unha comisión de seguimento para esta circunstancia onde, ademais dos grupos políticos, o PP de Foz pedía que se incluíran, tamén, aos afectados, especialmente aos familiares dos residentes, para que estiveran informados; e esta comisión non se chegou a crear porque o PSOE e BNG non quixeron.

“Polo tanto, non por repetir as mentiras se converten en realidades. Os únicos culpables dos altos prezos e do retraso son o señor Cajoto e o BNG que prefiren o enfrontamento político coa Xunta de Galicia e prexudicar aos usuarios a tratar de resolver os problemas e asumir a responsabilidade dunha residencia integramente municipal”, achaca Jorge Castiñeira.

O Partido Popular agradece ao Grupo Idea Solucións estes cinco anos de servizo na residencia, anos que foron difíciles e complexos pola situación da Covide-19 que superaron con profesionalidade e, tamén, pola falta de compromiso e apoio por parte do bipartito local. “Unha vez máis, percibimos a idea do bipartito de PSOE e BNG de destruír todo o que creou e puxo en marcha o PP incluída a Residencia de Maiores que tan ben funcionaba”, lamenta o voceiro do PP de Foz, Javier Jorge Castiñeira.