Partido Popular de Lugo

O PP pide ao goberno local de Barreiros “maior sensibilidade” polas zonas de xogo infantís e que se garanta o seu correcto mantemento

Barreiros, 17 de maio de 2024. O deixamento do goberno local de Barreiros co mantemento das propiedades municipais “é patente” en todo o municipio, chegando a afectar, incluso, a nenos e maiores.

O voceiro do PP de Barreiros, José Manuel Gómez Puente, explica que nais e pais do municipio lamentaron o abandono que sofren os parques infantís e as zonas de exercicio para maiores “moi deterioradas e cos elementos rotos e oxidados”.

Especialmente curioso é o estado destas zonas de ocio nas proximidades da gardaría. O chan acolchado das zonas de recreo para nenos e maiores presenta numerosas fendas nas que “é doado meter un pé e facerse moito dano” polo que o goberno local debería de estudar “o seu cambio inmediato”.

As máquinas de exercicio e os elementos de xogo para os pequenos no están en mellor estado. Moitos están rotos, fáltanlles pezas ou están oxidados.

No caso dos máis pequenos, o perigo é evidente xa que a pasarela dun dos elementos de xogo ten as cadeas totalmente oxidadas e os amarres das mesmas están a piques de romper.

“É unha mágoa que estas zonas de ocio estean abandonadas” xa que se trata de zonas moi agradables nas que pasar os momentos de recreo agora que comezan as boas temperaturas.

Incluso, Gómez Puente explica que estes veciños de Barreiros afirman que se puxeron en contacto coa propia alcaldesa para tentar solucionar a situación pero “á vista dos feitos, nin se preocupou”, polo que dende o PP local “esiximos o correcto mantemento destas zonas de xogo”.

Incluso, senón se pode realizar de inmediato esta actuación pode que o máis conveniente sería sinalizar os perigos, valar os elementos máis danados ou retiralos “para evitar sustos”.