Partido Popular de Lugo

Ameijide: “É vergoñento que o PSOE e Tomé vaian a Ourense a aplaudir que Pedro Sánchez deixa a Lugo como a única provincia de Galicia sen Alta Velocidade”

“Ir a Ourense a aplaudir que a Alta Velocidade non chega a Lugo”. Este é o último esperpento protagonizado polo presidente da Deputación, José Tomé, que hoxe foi á cidade das Burgas avalar que Pedro Sánchez deixa a Lugo como a única provincia galega sen Alta Velocidade ferroviaria.

O voceiro provincial popular, Antonio Ameijide, cualificou de “insulto aos lucenses” que “Tomé aplauda en Ourense que a Alta Velocidade non vai a chegar a Lugo por decisión de Pedro Sánchez”.

“Que José Tomé estivese hoxe en Ourense o único que acredita é que PSOE e BNG avalan as políticas de Pedro Sánchez que discrimina á provincia e a todos os lucenses”, criticou, xa que Lugo é a única provincia galega e a única capital de provincia sen Alta Velocidade ferroviaria.

Antonio Ameijide é claro e contundente: “PSOE e BNG son tan ridículos que van a Ourense a aplaudir que a Alta Velocidade non chega a Lugo pero si ao resto de Galicia”, unha reflexión que acompaña de que “a futura intermodal de Lugo será a única estación destas características en Galicia que non teña trens nin frecuencias”.

Antonio Ameijide condena que os pactos de PSOE e BNG deixan fóra do transporte ferroviario a Lugo o que provoca o illamento da provincia e a perda de competitividade para as nosas empresas e de oportunidades para os nosos veciños

Por último, o voceiro popular afirma que a presenza hoxe de Tomé en Ourense para recibir a Óscar Puente demostra que “nin el, nin PSOE nin BNG se preocupan dos lucenses”.