Foz, 24 de abril de 2024. O Partido Popular de Foz recoméndalle a Cajoto máis cercanía e confianza cos compañeiros e menos maquinitas. Así, o fai tras ter coñecemento da intención do equipo de goberno de instalar as máquinas de fichaxe para controlar o horario que fan os empregados municipais.
“Nós non nos vamos a opoñer a que o equipo de goberno, do PSOE e BNG, implante as máquinas de fichaxe para os traballadores municipais pero si que é verdade que notamos unha falta de empatía co persoal. Entendemos que isto non é unha casualidade, entendemos que o equipo de goberno prefire o control e o manexo, desde a tecnoloxía, das persoas traballadoras do Concello”, sinala o voceiro popular, Javier Jorge Castiñeira.
“O Partido Popular prefire e preferiu sempre o trato persoal. Un trato persoal que falta a día de hoxe, unha empatía que é practicamente nula, especialmente por parte do alcalde”, continúa Jorge Castiñeira.
Esta falta de empatía está a levar a serios problemas no Concello onde hai departamentos, que son fundamentais para a xestión diaria, que ou ben se está traballando con substitutos ou con persoal das bolsas de emprego ou ben hai postos que levan tempo sen cubrirse, como é o caso da propia secretaría municipal.
O voceiro do PP de Foz pídelle “máis esforzo ao señor alcalde e aos membros do equipo de goberno porque o trato persoal e, neste caso, a relación cos traballadores é fundamental para que haxa un bo servizo”.
“Señor Cajoto a solución non son as maquinitas, a solución é a empatía, son as persoas e, sobre todo, o trato cercano do que vostede carece”, finaliza o popular Javier Jorge Castiñeira.