O voceiro do PP de Trabada, José María Fernández, destacou a achega de 90.000€ da Xunta de Galicia para o arranxo da estrada autonómica LU-132, ao seu paso por este municipio.
O voceiro popular, José María Fernández, destacou a importancia desta actuación xa que servirá para mellorar o estado desta estrada o que tamén repercutirá nunha mellora da seguridade para os seus usuarios.
O popular destaca que mentres dende o goberno autonómico se inviste na mellora das estradas autonómicas ao seu paso por Trabada, “na Deputación seguen instalados nunha parálise que, cando menos, chama a atención”.
José María Fernández recorda a situación na que se atopan as estradas LU-P-6103 e LU-P-6104, que precisan “dunha actuación urxente” algo que xa se reclamou en numerosas ocasións dende o PP de Trabado e dende o Grupo Provincial Popular na Deputación de Lugo debido ao seu estado e o perigo que supoñen. “Pese a todo vemos como José Tomé mira cara outro lado e seguen sen tocarse”, lamentou.
“A Xunta está preto dos veciños, mentres a Deputación segue sen cumprir coas súas competencias”, rematou.