Burela, 5 de abril de 2024. Os concelleiros do PP de Burela critican a política económica liderada pola alcaldesa socialista, a señora López Moreno, que leva a que o Concello perda liquidez e, aínda por riba, sube as taxas municipais aos veciños e veciñas.
Os populares sinalan que nestes últimos meses os veciños de Burela puidemos comprobar as tres liñas básicas do goberno bipartito encabezado por López Moreno: unha mala xestión económica na concesión de servizos, unha suba desmesurada de taxas e unha actitude impropia de representantes municipais.
O Grupo Municipal Popular destaca, en primeiro lugar, a perda de liquidez do Concello de Burela porque “podería aforrar na concesión de servizos. Referímonos á prórroga do servizo de abastecemento de augas e sumidoiros que era totalmente contraria aos intereses do Concello”, unha prórroga que supón 70.000€/ano de canon “cando se puido facer a través dun contrato público e transparente ao que concorreran outras empresas e que houbera competencia directa para que o servizo, como noutros concellos da zona, vira duplicado ou triplicado o canon pola concesión do mesmo”.
Unha situación que se produce a pesar da suba desmesurada de taxas, precisamente, no servizo de sumidoiro e abastecemento de augas, “que se incrementou nun 9,6% para este ano e que sufrirá máis subida ata chegar ao 17,2% e que o goberno local non aclarou cando se vai aplicar”. Os populares propoñían prorrater a suba ao longo dos 5 anos de contrato que ten a empresa concesionaria de forma que os veciños xa coñecerían de antemán cando se iba a incrementar o recibo”. Deste xeito, sairía a un 3,5% ao ano, pero PSOE e BNG decidiron multiplicalo case por tres xa neste ano”.
ACTITUDE IMPROPIA DE REPRESENTANTES MUNICIPAIS
Os populares afean a falta de respecto e as mentiras constantes, pleno tras pleno. “No último pleno volveuse a percibir o ton empregado pola alcaldesa que insultou directamente ao portavoz, algo que comeza a ser habitual”, lamentan.
A realidade é que a alcaldesa habituouse a “utilizar un ton marrulleiro e pouco decoroso, unhas formas impropias de representantes municipais coas que trata de agochar a falta de argumentos e propostas”.
Dende o Grupo Municipal Popular piden ao goberno local que sexan conscientes da realidade na que viven: “nunha democracia e non nun mando, ordeno e fago saber como cre a señora López Moreno”.
Nese sentido, pregúntanse “que podemos esperar os veciños dunha rexedora municipal que nin mantén as mínimas formas de decoro na sede plenaria e que di mentiras publicamente demostradas?”.