Partido Popular de Lugo

O PP urxe unha solución para o depósito de auga potable na Rilleira ante a posible filtración de elementos que o contaminen

Nos últimos días, varios veciños das parroquias de Cabarcos e Villamartín Pequeno alertaron aos concelleiros do PP de Barreiros do problema co depósito de auga potable que hai en Rilleira (parroquia de Cabarcos) xa que unha das tapas superiores leva varias semanas aberta, o que provoca que a auga se contamine ao caer calquera tipo de elemento no seu interior.

O voceiro do PP de Barreiros, José Manuel Gómez Puente, afirma que “esta é a preocupación que ten o goberno local do BNG pola seguridade sanitaria dos nosos veciños”. “Non hai control nin vixilancia das instalacións prioritarias do concello”, explicou, recordando o caso do valado caído na depuradora de San Bartolo que dende os populares denunciaron en varias ocasións.

Dende o PP de Barreiros urxen unha solución inmediata a este depóstivo de auga potable para evitar a contaminación do seu interior, un depósito que abastece á Rilleira e Villamartín Grande, na parroquia de Cabarcos, e á parroquia de Villamartín Pequeno.