Partido Popular de Lugo

Gueimunde tilda de “gravísimo” que os veciños reciban multas que xa pagaron e insta á alcaldesa “a dar un paso atrás e a pedir desculpas publicamente”

Viveiro, 21 de febreiro de 2024. A voceira do Grupo Municipal do PP de Viveiro, Mariña Gueimunde, lamenta que “sexan os veciños os que, unha vez máis, sexan os prexudicados pola xestión desastrosa da alcaldesa”. E é que para a popular que os vivairenses estean recibindo nos seus domicilios multas que pagaron nos anos 2020 e 2021 pola vía de apremio é un claro exemplo de que “o noso Concello está nunha deriva sen precedentes”.

“Dende o Partido Popular parécenos inadmisible e unha falta de respecto aos veciños. É inxustificable que isto estea pasando”, advirte a voceira do PP. Neste senso, insta á rexedora socialista a que, “primeiro, pidas desculpas publicamente e, segundo, que dea un paso atrás e recoñeza que o cargo e o traballo que conleva se lle está indo das mans. Isto xa é unha cuestión de dignidade política e persoal”, remarca.

Ante este feito que Gueimunde tilda de “gravísimo”, os populares anuncian que pedirán explicacións e responsabilidades políticas, se procede, no vindeiro pleno municipal.