Lugo, 31 de xaneiro de 2024. Os popularesincidiron en quena próxima lexislatura co PP no goberno autonómico seampliará, grazas ao plan de pistas abertas, a oferta de dotacións para a práctica de deporte “no caso de que os concellos non se sumen ao convenio marco da FEGAMP sobre uso de instalacións deportivas nos centros educativos se exploraría a vía de asinar acordos coas federacións deportivas para sufragar de maneira proporcional os gastos derivados do aumento da intensidade do uso das instalacións.
Elena Candia explicaba que tendo en conta o número de equipos que hai na provincia de Lugo que suman os 1.099 (358 no concello de Lugo) se aliviaría a presión de solicitudes nas instalacións actuais que son insuficientes para á demanda que existe”.
Tamén salientou que no concello de Lugo “fomos pioneiros solicitando, dende o Grupo Municipal do PP, abrir as instalacións deportivas dos colexios fóra do horario escolar ás tardes e fins de semana pero o goberno local do PSOE e BNG rexeitou esta proposición”.
AXUDAS AO DEPORTE
Diego Calvo destacou o esforzo e dedicación do tecido deportivo integrado polas federacións e entidades deportivas “que tanto fan para o auxe das distintas disciplinas e por iso anunciaron que manterán o seu compromiso de apoiar con axudas que alcanzarán os 8M€.
Tamén se referiu ao investimento que fai o goberno da Xunta do PP de 16M€ no bono deporte lembrando que ata o 30 de xuño se pode consumir aclarando que “supón unha axuda para as familias de 120 euros con descontos do 80% en cada compra de material deportivo ou abono de clases, cotas de clubs…” e sinalando que por outra parte esta medida beneficia ao comercio de proximidade.
NOVAS INSTALACIÓNS DEPORTIVAS
Os populares coincidiron cos representantes de máis de medio cento de clubes da provincia en que para que “o deporte sexa accesible para toda a poboación e todos os niveis é necesario ter instalacións”.
Por iso, en Lugo, se comprometeron a impulsar á recuperación do antigo pavillón da OJE (Organización Juvenil Española) chegando a acordos cos propietarios, asemesmo, avanzaron que se traballará para facer un novo campo de futbol indicando que no concello de Lugo hai 136 equipos desta modalidade deportiva con 4.800 licenzas de xogadores e xogadoras.
Tanto Calvo como Candia concluían que “se contamos con instalacións deportivas de primeiro nivel, contaremos con deportistas de primeiro nivel e animaremos a toda a poboación a practicar actividade física. Ese é o noso principal obxectivo”.
NOVO PAVILLÓN POLIDEPORTIVO LUGO
Os populares lamentan o bloqueo por parte do Concello de Lugo do novo pavillón Sport life cuxo proxecto presentou o concello hai 3 anos. Neste tempo licitouse a obra e se impugnaron as bases por consideralas ilegais e aí rematou a historia desta infraestrutura tan demandada.
O Partido Popular mantén o compromiso de colaboración para axudar no seu financiamento criticando que “o Concello de Lugo pese a ter un proxecto, orzamento e colaboración institucional como non o considera prioritario o ten gardado nun caixón.
LUGO SEDE EVENTOS DEPORTIVOS MUNDIAIS
Por último os populares tamén destacaron os eventos ou probas de primeiro nivel que se van celebrar en Lugo como o Mundial de Motocross que se celebrará precisamente no circuíto Jorge Prado de Lugo en maio ou probas como O Gran Camiño, que pasará por esta provincia o próximo mes.
CASAS DO MAIOR
Os populares visitaron esta mañá as casas do maior Airelas I e II no municipio de As Nogais que foron as primeiras en poñerse en marcha na nosa provincia que, na actualidade, conta cun total de 24 nos municipios de Baralla (2), Becerreá (2), Folgoso do Courel (1), Guntín (1), O Incio (2), O Páramo (2), Riotorto (2), Taboada (1), Triacastela (3), As Nogais (2), Portomarín (1), Antas de Ulla (2) e O Saviñao (3).
A rede de casas do maior impulsada polo Goberno galego pretende achegara concellos pouco poboados do rural servizos de atención e compañía ás persoas de máis de 60 anos (sen dependencia ou con dependencia de grao I ou II) nun entorno próximo evitando que se teñan que desprazar longos distancias.
Son máis de 600 prazas de atención diúrna (5 prazas por cada casa do maior) coas que conta Galicia totalmente de balde para os usuarios e usuarias.

REUNIÓN COMARCAL EN CHANTADA
Os integrantes da candidatura do PP lucense ás autonómicas tamén teñen previsto participar esta noite nunha reunión comarcal en Chantada.