Partido Popular de Lugo

Raquel Arias: “As casas do maior son unha clara aposta do Goberno de Alfonso Rueda pola conciliación e o avellentamento activo no rural”

O Saviñao, 25 de xaneiro de 2024. “As casas do maior son unha clara aposta do Goberno de Alfonso Rueda pola conciliación e polo avellentamento activo no rural”. Así o puxo en valor a candidata número 6 do PP de Lugo ao Parlamento, Raquel Arias, xunto ao alcalde de O Saviñao, Carlos Armesto, nunha visita realizada a unha destas instalacións creadas pola Xunta de Galicia neste municipio.

En total, o Executivo popular investiu 4,7 millóns de euros na posta en marcha de 125 casas en toda Galicia. No sur de Lugo, están en funcionamento 7, que se sitúan nos municipios de Folgoso do Courel (1), O Incio (2), Taboada (1) e O Saviñao (3).

Trátase dun servizo gratuíto de atención diurna as persoas maiores de 60 anos, sen dependencia ou con grao I ou II, empadroadas nun concello de menos de 5.000 habitantes que non conten con este tipo de prestación. Ademais, segundo apunta Arias, cumpren outra función relevante como é “impulsar o avellentamento activo, o adestramento cognitivo e ser unha axuda ás familias e coidadores”.

CREAN EMPREGO E PERMITEN “COIDAR A QUEN NOS COIDOU”

Supoñen tamén, segundo afirma, “un mecanismo moi positivo para a creación de emprego, así como unha medida innovadora que se adapta á realidade territorial que temos na provincia e en Galicia”. “A Xunta axuda así a que os nosos maiores poidan seguir vivindo donde son, ao tempo que están ben atendidos. Coidar a quen nos coidou é unha cuestión absolutamente prioritaria para o Goberno de Alfonso Rueda”, conclúe.