Partido Popular de Lugo

O PP urxe revisar e reparar a estrutura dunha ponte na estrada LU-P-1411 en Cervantes para garantir a seguridade dos veciños e usuarios

Cervantes, 24 de xaneiro de 2024. O Grupo Provincial Popular urxe revisar e reparar a estrutura da ponte sobre o Río das Casas no lugar de Vilanova, no municipio de Cervantes, na estrada provincial LU-P-1411, para evitar que o desprendemento nas súas inmediacións se deteriore máis co paso do tempo e poida supoñer un perigo para os usuarios da vía nese punto. O portavoz, Antonio Ameijide, puido comprobar in situ os seus danos durante unha visita a Cervantes acompañado por deputados provinciais para coñecer de preto o estado das vías que son titularidade da Deputación de Lugo.O mantemento e mellora das estradas provinciais e a conservación do patrimonio da Deputación son algúns dos deberes pendentes deste goberno provincial de PSOE e BNG que preside José Tomé”, apunta Ameijide.

É unha pena que por non acometer unha pequena intervención se continúe a desprender máis terreo e acabe afectando ao firme da estrada provincial poñendo en risco a condutores e afectando a propiedades privadas”. Aínda así, solicita ao goberno da Deputación unha revisión técnica para analizar a situación por se fora necesario levar a cabo outras actuacións “pensando na seguridade dos veciños e usuarios da vía”.