Partido Popular de Lugo

O PP esixe ao goberno local reparar as beirarrúas de Sarria para garantir a seguridade dos peóns

Sarria, 15 de xaneiro de 2024. Os concelleiros do Grupo Municipal do PP de Sarria recollen as queixas dos veciños e veciñas ante o mal estado das beirarrúas na vila: “as baldosas están levantadas en moitos puntos e resulta molesto e ata perigoso para os viandantes”. É por iso polo que esixen ao goberno de Camiña Sarria “revisar e reparar as beirarrúas onde sexa preciso para garantir a seguridade dos peóns”.

A portavoz, Carmen José López, lamenta que “o desinterese do goberno de Camiña Sarria chegue ata o punto de non ocuparse dos asuntos máis sinxelos do día a día dos veciños e veciñas en cuestións que son competencia municipal”. Probablemente, engade, “parece que hai unha ausencia total de interese en xestionar debidamente os asuntos que afectan directamente aos sarriaos, ao seu benestar e, incluso, á súa seguridade”.

A voceira popular sinala a modo de exemplo o estado de beirarrúas a rúa Músico Chané ou Diego Pazos, entre moitas outras, e destaca, como “unha mostra máis do desinterese que incluso o semáforo que se atopa no cruce da rúa Matías López coa rúa Formigueiros leva meses sen estar operativo a pesar de tratarse dunha zona con moito tráfico”.

A popular explica que que “esta situación non se debe permitir nunha vila coma Sarria”, “merecemos unha vila coidada e atendida e, por suposto, segura e confortable”. De feito, incide en que “a seguridade dos nosos veciños e veciñas debe ser prioritario para o goberno local”.

ACCESIBILIDADE

Carmen José López agarda que “o goberno de Camiña Sarria tome nota”, aínda que “non temos moitas esperanzas, toda vez que fixo caso omiso á moción sobre accesibilidade presentada polo Grupo Municipal Popular na que se facían constar entre outras, este tipo de deficiencias. A pesar de resultar aprobada no pleno do pasado mes de agosto”, o goberno local non dixo nada por eliminar as barreiras arquitectónicas. Está a incumprir un acordo plenario”, remarca.