Partido Popular de Lugo

As decisións do goberno de Láncara reflicten a súa falta de proxecto e de interese por dar resposta ás necesidades en materia de vivenda

Láncara, 7de xaneiro de 2024. “As decisións do goberno local de Láncara reflicten claramente a súa falta de proxecto e a incapacidade de planificación a medio ou longo prazo”. Así o valora a portavoz do Grupo Municipal Popular, Olga Capón, á vista do emprazamento elixido polo goberno socialista para o mural dun dos mellores artistas do mundo porque, no medio prazo, podería deixar de estar visible. “É unha pena que por unha mala decisión do goberno local Láncara non poida presumir do mural -para o que equipo de goberno calculaba dirixir 18.000 euros procedentes de remanentes de tesourería e que poden ser máis-, xa que iso podería pasaría no caso de que se edifique no solar lindeiro ao edificio no que se está a realizar”.

Os populares explican que “este solar é un dos poucos edificables que hai na Puebla” polo que queda claro que “ou este goberno non ten ideas” ou “non pensa en ofrecer respostas ás necesidades en materia de vivenda no noso concello”. Se o goberno local tivera en conta esta necesidade, “apostaría por impulsar vivenda pública, favorecer a iniciativa privada ou, polo menos, elixiría outro emprazamento para o mural para evitar que quede tapado por unha posible obra”.

A portavoz, Olga Capón, cre que “o noso municipio, pola súa ubicación estratéxica a menos de 20 minutos de Lugo ou Sarria, ten potencial para atraer residentes de municipios limítrofes coma O Páramo, O Corgo ou Sarria ou evitar que se marchen os que queren quedar en Láncara, pero non atopan vivenda”. Así, defende que “se debe traballar neste sentido”; pero “este goberno pensa máis en deixar pegada que en mirar polo noso concello”, segundo manifesta Capón, que xa botara en falta nos orzamentos municipais para o 2024 medidas para o progreso de Láncara.

A popular subliña que “para asentar poboación é imprescindible poder ofrecer vivenda” e, á súa vez, “se o municipio atrae familias, estas consumirán aquí dinamizando a economía e xerando posibles postos de traballo”. Pero tamén é necesario ofrecer servizos aos veciños, “e no caso dos veciños da zona da montaña continúan agardando polo arranxo das vías municipais que se atopan en moi mal estado”.

Capón condena a “falta de visión” deste goberno local que “non aposta polo noso pobo” porque “non pensa en ofrecer vivenda nin nunha ubicación para o mural que permita ver a obra dende un espazo amplo e sen condenalo á posibilidade de que sexa tapado”.