Partido Popular de Lugo

O PP de Pol pide ao goberno local que que pida as axudas da Xunta para arranxo de camiños de concentracións

Pol, 4 de xaneiro de 2024. O PP de Pol pide ao goberno local que pida as axudas da Xunta de Galicia para arranxar camiños de concentracións a través do Plan de rehabilitación de camiños de zonas de concentración ou restauración parcelaria 2023-2024 de mellora de camiños municipais de zonas de concentración ou reestruturación parcelaria rematadas.

A voceira popular, Nicole Grueira, explica que o Concello de Pol ten opción de solicitar unha achega de 162.875,36€ do goberno autonómico “fundamental para arranxar estes camiños que dan servizo a tantos veciños”.

Nicole Grueira explica que nesta nova liña de axudas vese reflectido “o compromiso real e efectivo” do goberno autonómico cos municipios rurais de Galicia, polo que “instamos ao goberno local a que solicite este diñeiro para arranxar aqueles camiños de concentración que se atopan en mal estado”.

Para a voceira popular este tipo de liñas de axudas da Xunta de Galicia “xogan un papel fundamental” para municipios como o de Pol xa que “grazas a estes investimentos a mellora de infraestruturas e servizos son unha realidade”, unha axuda que se pode sumar á achega recente da Xunta de 140.000€ para o arranxo do pavillón en Mosteiro.

AUSENCIA DE ORZAMENTOS PARA POL

Por outra banda, dende o PP de Pol instan a que o goberno local elabore os orzamentos para este ano como marca a lei. “A ausencia de presupostos 2024 é unha anomalía que dificulta que Pol avance, ademais de ser unha mostra máis da incapacidade de xestionar do goberno local”, denunciou.