Monforte, 3 de xaneiro de 2024. “Monforte precisa dun alcalde rigoroso, serio, que traballe e deixe de lado as mentiras”. Así de contundentes se amosan dende o PP de Monforte tras ver varias publicacións do alcalde nos medios de comunicación nas que presume de investimentos que “aínda non se sabe se chegarán a Monforte e moito menos se poderán executarse”.
A voceira popular, Katy Varela, amosou a súa sorpresa “pola esaxeración e as mentiras” e José Tomé “tentando sacar peito” dos investimentos realizados polo seu equipo de goberno e que cualifica en 45M€.
A realidade é que o alcalde inclúe obras que aínda non se levaron a cabo nin se sabe cando se van a realizar, como poden ser a supresión dos pasos a nivel, a construción da nova ponte, a praia fluvial, a conexión entre a N120 e a N120A, o centro de ciber seguridade… “Da metade dos cartos dos que presume aínda non se sabe nada, son investimentos que están no aire”, explicou.
Ante esta situación, dende o PP de Monforte esixen a Tomé “maior rigor” cando fala de investimentos, poñendo sobre a mesa outro exemplo das mentiras do alcalde: o convenio coa Confederación Hidrográfica, que tiña que esta rematado este ano, e que se prorrogou. “O único que fai é propaganda e anuncios, nada máis”, denunciaron.
O resto dos investimentos é a suma de todo o que investiu dende que é alcalde. “Xestionando un orzamento de 15M€ anuais o normal é que investira durante 8 anos, é o normal”, afirman.
PUBLICIDADE PARTIDISTA
Katy Varela tamén quere recordar a José Tomé que a web oficial do Concello de Monforte non está para facer publicidade do PSOE nin dos cargos socialistas, en relación a unha publicación na que destacaban ao candidato do PSOE á Xunta de Galicia.
“A páxina web municipal non se usa para facer propaganda, como tampouco se emprega para mentir”, denuncia, en relación a unha publicación na que Tomé afirmaba que a intervención do candidato do PSOE á Xunta de Galicia foi necesaria para restaurar o mural da estación de tren de Monforte. “Fíxose pola insistencia de diferentes asociacións culturais, como Apatrigal, ás que queremos agradecer todo o seu traballo pola cultura en Monforte”, destacou.
Unha situación que confirma que “Tomé está moi nervioso”, ao que Katy Varela engade que “non sabemos os motivos, pero mellor nos iría a todos os monfortinos se Tomé dedicara os seus esforzos a traballar por Monforte en lugar de esforzarse en tecer mentiras”.