Partido Popular de Lugo

O PP advirte de que Garrido pretende aprobar mañá unha suba do 20% en sete taxas municipais 

Os concelleiros do Grupo Municipal do PP de Sarria denuncian a “brutal” suba de taxas que mañá quere impoñer e aprobar no pleno o alcalde Claudio Garrido e que afecta á taxa da residencia, á da escola de música, á do alcantarillado, á da auga, á da piscina, á do lixo e a do matadoiro.

A voceira popular, Carmen José López, explica que “se trata dunha suba xeneralizada de arredor dun 20%”, unha medida que o alcalde pretende aprobar “sen diálogo nin consenso”. 

Destacan ademais o chamativo que resulta que pretenda subir a taxa da residencia de maiores tan só tres meses despois de ter realizada unha subida previa no pleno de setembro cos voto favorables dos concelleiros de Camiña Sarria e do BNG, o que pon de manifesto unha carencia absoluta de planificación e incluso de seriedade por parte do equipo de goberno.

As subas das taxas que Garrido leva ao pleno de mañá son:

  • Taxa residencia: 16,70%
  • Taxa escola de música: 21,40%
  • Taxa rede de sumidoiros: 21,40%
  • Taxa auga: 20,80%
  • Taxa piscina: 21,40%
  • Taxa lixo: 20,80%
  • Taxa matadoiro: 20,80%

“A realidade é que se aproba estas novas taxas as consecuencias inmediatas para os petos de todos os veciños van a ser moi negativas, xa que é unha porcentaxe importante e afecta a moitas taxas de forma simultánea”.

Carmen José López denuncia a “nula capacidade de comunicación e de diálogo” de Claudio Garrido xa que “non se comunicou esta suba aos veciños, como tampouco se buscou o consenso cos grupos da corporación, polo menos non co do Partido Popular, pese a ser un goberno en minoría”. “É certo que se puxeron en contacto con nós onte, pero coa orde do día e estas actualizacións xa pechadas, sen ningunha capacidade de facer propostas ou variacións, o que é unha total falta de respecto”, afirmou.