Partido Popular de Lugo

O PP de Samos pon en valor a colaboración da Xunta para solucionar problemas en estradas e facer unha praza pública

O voceiro do PP de Samos, Miguel Gallego, pon en valor a colaboración prestada pola Xunta de Galicia para que no concello de Samos, a través do Plan de Mellora de Camiños Rurais, se puidera asfaltar a estrada de acceso a Frexulfre e se fixera unha praza pública para disfrute de todos os veciños neste mesmo núcleo. 

Nestas intervencións, que xeraron un impacto moi positivo entre os veciños, a Xunta investiu máis de 37.000€. 

Miguel Gallego tamén aproveita para anunciar novos investimentos por parte da Xunta de Galicia no municipio, como a mellora da pavimentación dun dos acesos máis transitados á aldea de Aián, que terá un investimento de 13.000€. “Con esta nova actuación o investimento da Xunta en Samos aumentará aos 50.000€, explicou.

“Con estas actuación próbase o compromiso do goberno galego co rural de Samos, pero seguiremos traballando para acadar novas investimentos para solucionar todas as necesidades do municipio”, rematou.