Partido Popular de Lugo

O PP critica que o bipartito de Samos segue a gastar de maneira desorbitada mentres hai empresas que traballaron para o Concello que seguen sen cobrar

Samos, 2 de decembro de 2023. O portavoz do PP de Samos Miguel Gallego di que “o equipo de goberno neste último pleno fixo unha nova modificación de crédito de 80.000€ que sumadas as anteriores fan un total de 160.000€ sacados do remanente do concello en cuestión de 6 meses pero aínda hai empresas que traballaron para o Concello que seguen sen cobrar”.

O popular subliña que “nos chama a atención que nas redes sociais presuman de que gastaron 40.000€ dunha subvención da Mancomunidade, pero que o bipartito non xestionou. Foi o goberno anterior porque eles, de momento, non conseguiron nada, máis que vender fume”.

Para os populares “este gasto desorbitado e sen xeito débese a que non foron capaces en 6 meses de facer uns novos presupostos e todo se limita a fundir os cartos que lles quedaron, prevemos que de seguir este descontrol de gasto este Concello que estaba saneado pasará a ser deudor e terán que ser os veciños cos seus impostos os que teñan que pagar as débedas. Este é o bo funcionamento do bipartito”, ironiza Gallego.

OUTROS ASUNTOS

Estamos chegando a finais de ano e “moitas estradas átopanse intransitables porque non se fixeron as rozas pertinentes nin se limpan”. No pleno tamén se preguntou de novo polos cartos xerados pola máquina expendedora e, coma sempre, non obtivemos resposta; nin tampouco se nos entrega o expediente. Da a sensación de que se está cometendo unha irregularidade que se quere agochar por todos os medios”, puntualiza o voceiro do PP. Polo tanto, “dende o PP de Samos estudaremos accións legais para que se clarifique o asunto e se nos entregue a documentación que pedimos porque non se está a facer”. O PP tamén presentou unha moción da nova traída da auga a zona de Lamartín e o equipo de goberno en pleno votou en contra alegando que “era moi caro e que non se podía facer”, unha resposta que Gallego considera “curiosa” tendo en conta que “era unha das súas promesas electorais”.