Partido Popular de Lugo

Balseiro convida aos alcaldes do PSOE na Mariña a mobilizarse para esixir ao Goberno de Sánchez rematar as obras no socavón da vergoña e investimento para avanzar na A-74

A Mariña, 25 de novembro de 2023. O deputado mariñán e portavoz de Infraestruturas do Grupo Popular no Parlamento de Galicia, José Manuel Balseiro, cre que “aos alcaldes socialistas lles debería dar vergoña reclamar a construción do corredor da Mariña” e, tendo en conta que “os mariñáns non somos parvos, se queren ter credibilidade, deberían mobilizarse para esixir ao Goberno de Pedro Sánchez investimento para a A-74 e rematar as obras no socavón da vergoña á altura da Areoura”.

Balseiro explica que “foi o PSOE o que paralizou a variante de Viveiro” na parte do corredor que é competencia da Xunta e, sobre a parte que lle corresponde ao Estado, lembra que “o Goberno de Sánchez paralizou os proxectos que deixou en marcha o Goberno de Rajoy”. De feito,

Falando de investimento, o deputado popular explica que “a Xunta leva investido 100 millóns de euros e ten feitas dúas variantes -a de Xove e a de Ortigueira- e consigna nos orzamentos para o 2024 ata 8 millóns de euros para a VAC Costa Norte”.

Sobre a variante de Viveiro, apunta que “no seu momento o goberno do Concello de Viveiro contou con oito propostas enriba da mesa, pero non lles valeu ningunha”. Recentemente, “propúxoselles outra alternativa, construír unha ponte e tampouco valeu. E agora poñen como desculpa que o teñen recollido no Plan Xeral que, despois de 20 anos, aínda non teñen rematado”.

En canto á responsabilidade do Goberno do Estado, subliña que “para a A-74 dende A Espiñeira en Foz ata Castelo en San Ciprián, todo canto leva investido nos últimos anos o goberno de Sánchez é 0”. De feito, puntualiza que “consignan 500.000 euros cada ano, pero non invisten nada”. Polo tanto, o popular cre que “se por algo se hai que mobilizar na Mariña é porque esta autovía se faga xa”.

Igualmente, explica que “a mostra de como xestiona o Partido Socialista está no socavón que hai na Areoura: despois de 11 meses, todo segue igual”. É máis, “queremos saber cando vai ser restablecido o tráfico con normalidade na N-642 ao seu paso polo socavón da vergoña”. Sobre este asunto si se poden mobilizar os alcaldes do PSOE se queren ter credibilidade. Senón, non van ter ningunha”.