Partido Popular de Lugo

Os deputados do PP manteñen unha xuntanza de traballo en Sober, deslocalizando as reunións poñendo en valor a riqueza da provincia

Martes, 14 de novembro de 2023. Os deputados do Grupo Provincial Popular na Deputación de Lugo mantiveron hoxe unha xuntanza de traballo en Sober, dentro da súas reunións periódicas, e que tamén permite deslocalizar estes encontros para “poñer en valor a riqueza da provincia”.

Os deputados do PP tamén coñeceron a historia, funcionamento e modelo de negocio da adega de Sober Algueira, recoñecida hai poucas datas como a mellor experiencia de turismo relacionado co viño de España.

Os deputados populares destacaron a importancia de que “empresas familiares e con tanta historia coma esta” triunfen co seu esforzo diario xa que son “unha parte moi importante do motor económico da provincia” de aí que “sempre é unha magnífica nova que se recoñeza o traballo e esforzo de empresas 100% lucenses».

Este recoñecemento vén a confirmar o gran traballo realizado por esta empresa que, ademais “é a primeira empresa galega cuxos viños formaron parte da subasta de La Place, en Budeos (Francia), nun dos eventos máis importantes do mundo dentro do sector.

Con esta visita á adega Algueira (afincada en Sober), os deputados populares continúan co seu calendario de visitas a todos os municipios e comarcas da provincia xa que “percorrendo todos os concellos e falando con seus veciños é o único camiño para poder coñecer de primeira man as necesidades da provincia e así buscar solucións para que a provincia avance”. “Queremos que a Deputación aporte as solucións que os lucenses da provincia precisan e que volva a ser ese motor económico que Lugo tanto necesita”, destacaron.