Lugo, 10 de novembro de 2023. A presidenta provincial e voceira do Grupo Municipal do Partido Popular de Lugo, Elena Candia, anunciou este venres, arroupada por deputados nacionais e autonómicos, senadores e outros cargos orgánicos do partido como o voceiro do mesmo na Deputación, que pedirán, tanto no Concello de Lugo como nas Cortes Xerais, que o Goberno central acepte a súa proposta de reconverter o edificio de Obras Públicas, situado a Ronda da Muralla, na futura Comisaría da Policía Nacional.
“Esta iniciativa ten un obxectivo claro e irrenunciable que é, primeiro, volver a centrar no debate que Lugo necesita unha Comisaría en condicións porque é unha reivindicación de todos os representantes sindicais e da cidadanía; e, segundo, que resposta á vontade de política útil, á hora de buscar propostas como posibles solucións”; de aí que Candia tamén adiantase que, “se esta ubicación non encaixa por razóns técnicas e incluso por decisión política, que se acote outro emprazamento para manter o compromiso que asumimos cos lucenses de cobertura na zona norte”.
A máxima mandataria dos populares na provincia segue sumando así apoios en torno a unha iniciativa que xa foi respaldada publicamente pola Xunta de Galicia, por colectivos do tecido asociativo lucense e por sindicatos vinculados ás forzas de seguridade. E é que a proposta tamén é rendible dende o punto de vista económico, xa que non implica obra nova, senón o aproveitamento dun edificio xa construído; a ubicación é favorable, pois quedaría na contorna do barrio da Residencia, tal e como esta previsto; e permite rescatar os fondos consignados para investir en melloras da actual comisaría da rúa Chantada.
“UNHA SOLUCIÓN ÚTIL AOS LUCENSES”
José Manuel Barreiro, en representación dos representantes populares nas cámaras parlamentarias nacionais, gabou “a valentía” de Elena Candia por “poñer enriba da mesa unha solución meditada, analizada e contrastada”; en definitiva, dixo, “unha solución útil aos lucenses”.
E é que a Comisaría actual carece dos medios necesarios, polo que as Forzas e Corpos de Seguridade teñen que facer un verdadeiro sobreesforzo para poder levar a cabo as súas funcións dunha maneira eficaz. Así, a proposta da voceira do PP no Concello de Lugo, defendeu Barreiro, “vén a dar luz ao que é un servizo esencial para a cidade de Lugo e que dende o PP vimos reivindicando nos últimos anos”.
Concretamente, en 2017, o Goberno de Rajoy elaborara un Protocolo de colaboración e estudo de viabilidade que tivo reflexo nos Orzamentos Xerais do Estado, pero o actual Executivo non foi quen de darlle continuidade, como así reflectiu nunha resposta dada ao propio senador en sede parlamentaria hai unas semanas que daba continuidade á contestación emitida en 2022 no mesmo senso, e que dicía textualmente o seguinte: “En relación con la pregunta formulada, se informa que en el año 2017 se elaboró un borrador de protocolo de colaboración para el uso de los terrenos del antiguo Hospital Materno Infantil para la construcción de la Comisaría, y se hizo un estudio de viabilidad, que nunca se llegó a formalizar. Por tanto, nunca ha existido un proyecto real para edificar una nueva Comisaría Provincial de Policía Nacional en Lugo”.
Por todo elo, Barreiro cualifica de “moi positiva” a iniciativa liderada por Elena Candia, xa que, nas contas de 2022, nas emendas presentadas, os populares pedían unha partida de 2,5 millóns de euros para a súa construción, pero, unha vez máis, Pedro Sánchez declinou o seu apoio.
ACORDO PSOE-BNG: “ALGUÉN ESTÁ MENTINDO”
En relación ao acordo do PSOE-BNG para favorecer a investidura de Pedro Sánchez, José Manuel Barreiro sinalou que “cando se analiza vemos que non hai absolutamente nada novo. O BNG ven a Lugo e vende fume e o PSOE apoia esa decisión”.
Como exemplo citou o que está a pasar con dúas infraestruturas relevantes para esta provincia como son as autovías a Santiago e Ourense. “Na primeira, o candidato do PSOE, lucense coma nós, dicía que ía estar rematada o ano que vén, pero chama a atención porque no Senado presentamos unhas preguntas escritas ao Goberno e na contestación non deron ningunha data de finalización e tampouco concretaron sobre a autovía de Lugo a Ourense”. En consecuencia, alerta Barreiro, “alguén está mentindo porque o Goberno contesta algo totalmente diferente ao que eles din”; o que vén a resumir, dixo, “o que os lucenses xa sabemos: o abandono ao que Sánchez está sometendo dende hai anos a esta provincia”.
ACORDO CON JUNTS, “UN ATENTADO CONTRA A IGUALDADE”
“Dentro da gravidade do sucedido no día de onte”, en alusión ao acordo de Junts e o PSOE, o senador foi contundente: “onte consumouse a circunstancia máis grave deste período democrático de España”. Con ese pacto, subliñou: “estase cuestionando o Estado de Dereito, a separación de poderes, tal e como dixo en bloque o Partido Xudicial e confírmase que o Sr. Sánchez fai o que sexa con tal de manterse na Moncloa e iso imos a ter que pagalo todos”.
Por este motivo, os populares convidan aos lucenses a manifestar este domingo, diante da Subdelegación, “e dunha forma totalmente pacífica”, o rexeitamento “contra este atentado”. “Todos temos que reaccionar, con independencia de cores políticas, porque o de onte, reitera, é un atentado contra a igualdade entre todos os españois”.