Castroverde, 9 de novembro de 2023. O PP de Castroverde cre que “o proxecto de José María Arias está esgotado”. A súa actitude durante a visita do delegado territorial da Xunta para comprobar unha obra financiada con fondos da administración autonómica demostra “certo nerviosismo”.
O portavoz popular, Pablo Figueiras, considera que “ao alcalde socialista lle molesta a nosa presencia e o noso traballo”; o que indica que “considera o Concello o seu propio cortijo”.
Figueiras non entende que “en lugar de aproveitar para pedir proxectos e investimentos, un alcalde insulte e bote a bronca aos cargos institucionais durante unha visita ao seu municipio”.
Ante a actitude “impropia dun alcalde” por parte de José María Arias, o Grupo Municipal Popular de Castroverde esíxelle que pida desculpas públicas aos veciños e veciñas. É que os populares non comparten ese “ton despectivo”, senón que avogan por un ton respectuoso “con todo o mundo”.
INVESTIMENTOS DA XUNTA EN CASTROVERDE
Figueiras e os concelleiros do Partido Popular agradecen á Xunta as achegas que dirixe ao Concello de Castroverde porque “redundan no beneficio dos nosos veciños e veciñas”. Á obra de mellora do saneamento de augas pluviais en Riomol que visitou onte o delegado territorial e para a que a Xunta dirixiu ao Concello 55.600 euros con cargo á liña non competitiva do Fondo de Compensación Ambiental; hai que engadir máis aportacións para levar a cabo outras actuacións.
Os populares citan, entre outros, os 80.000 euros para a mellora de camiños (o vial que une Riomol con Furís de Arriba; os accesos a Pereirón, Viladónega e Cellán de Calvos; e o acceso ao núcleo de Vilar de Cas); ou a concesión dunha axuda de preto de 50.000 euros para reformar o pavillón da Ferrería.