Ribadeo, 4 de novembro de 2023. O Partido Popular defenderá nas Cortes Xerais (Congreso dos Deputados e Senado), no Parlamento de Galicia e nos concellos do litoral costeiro de Lugo que o Goberno aprobe no prazo de tres meses un plan que garanta un servizo de calidade aos usuarios da liña ferroviaria entre Ferrol e Ribadeo.
Deste xeito, o que defenden os populares a través desta iniciativa é, primeiro, que se cumpran as melloras técnicas, organizativas e de dotación persoal precisas para garantir o axeitado funcionamento da liña ferroviaria de vía estreita Ferrol-Xixón en condicións de calidade, seguridade, eficiencia enerxética e accesibilidade; segundo, que se electrifique a totalidade da liña nun prazo razoable para permitir un tráfico mixto de viaxeiros e mercadorías; e, terceiro, estender a gratuidade dos trens máis alá do 31 de decembro ata a entrega das unidades pendentes no contrato en curso, tal e como o Ministerio xa fixo coas Comunidades veciñas de Asturias e Cantabria.
“Pedimos que se corrija el agravio con los vecinos asturianos y cántabros, pues mientras ellos pueden circular con absoluta gratuidad, los de la Mariña y Ortegal tenemos que pagar. Es un agravio comparativo y le damos la oportunidad al PSOE, al Sr. Besteiro y al resto de diputados que rectifiquen y que voten a favor”, remarcou o deputado no Congreso de Viveiro, Jaime de Olano.
Os populares, en palabras do voceiro de Infraestruturas no Parlamento de Galicia, José Manuel Balseiro Orol, denuncian así “o desmantelamento do Goberno de España con Sánchez á cabeza da liña FEVE”. “Desde o ano 2018 que había un plan para modernizala perdou de todo; perdeu servizos, perdeu frecuencias; perdeu persoal e perdeu o mantemento da vía. É a liña da vergoña, ata o punto de que houbo que facer un cese da secretaria de Infraestruturas por un erro de cálculo, dado que, coas súas previsións, os trens que se ían entregar non cabían nos túneles”. Para o deputado autonómico, a situación do servizo “é un exemplo da discriminación”. “En Ribadeo hai que sacar un billete e pagar, pero, nada máis a 10 quilómetros de aquí, en Vegadeo, viaxan gratis froito do erro comentado”, lamentou.
PROGRESIVO DETERIORO POLA FALTA DE COMPROMISO DO MINISTERIO
Os populares fan así unha fronte común nas distintas institucións, pois a liña ferroviaria de acho métrico vén padecendo un progresivo deterioro nos últimos anos ante unha evidente falta de compromiso e de interese do Ministerio de Transportes por este servizo público. En Galicia os trens deste tipo de vía operan exclusivamente na liña entre Ribadeo e Ferrol, no norte das provincias de Lugo e da Coruña, que continúa polo norte das comunidades cantábricas unindo Galicia con Asturias, Cantabria, País Vasco e Castela e León. Na nosa comunidade dáse ademais un condicionante negativo, pois a liña non está electrificada.
Dun tempo a esta parte multiplicáronse as queixas polas deficiencias que acontecen na mesma. Xa non só proceden dos pasaxeiros deste servizo ferroviario, e dos representantes municipais dos concellos polos que discorre, senón tamén dos propios traballadores que denuncian recortes tanto en materia de persoal como nas tarefas de mantemento e modernización da rede.
Así por exemplo, aínda non se recuperaron os horarios e frecuencias que o Ministerio de Transportes recortou durante a pandemia, son habituais as avarías na flota de trens e os retrasos nas liñas operadas e non existe unha planificación de reforzo nas épocas de maior demanda, como poden ser o verán ou os festivos, provocando incomodidades por falta de espazo, sen esquecer a decisión política de eliminar os servizos de transporte de mercadorías, como o que operaba para Alcoa. A todo isto hai que engadir o incumprimento dos compromisos de renovación da frota de ancho métrico que implicará un retraso de entre dous e tres anos na incorporación dos novos trens respecto das datas inicialmente comprometidas.
GALICIA, IGUAL QUE ASTURIAS E CANTABRIA
Á lista de incumprimentos hai que sumar o compromiso da titular do Mitma que conleva a transferencia dos recursos necesarios ás dúas comunidades autónomas citadas para bonificar o seus servizos de cercanías ata o 2026. Concretamente, o Ministerio, o 29 de xuño de 2020, comunicou que Renfe adxudicou a compra de 31 trens de ancho métrico e 6 alpinos por 258 millóns de euros. Destes, 26 eléctricos e 5 híbridos que, ademais de en Asturias e Cantabria, poderían utilizarse en Galicia e Castilla e León. O volume total da operación superaba os 250 millóns de euros e a entrega dos trens estaba prevista para este ano pero, tal e como sinalaron os populares, 2023 está a piques de rematar e da súa entrega nada se sabe.
“GALICIA PAGA, CATALUÑA GAÑA”
A este respecto, o deputado na Cámara Baixa, Jaime de Olano, foi moi crítico co acordo anunciado por socialistas e nacionalistas para favorecer a investidura de Sánchez, que implica que o agravio que sofre a provincia en materia de infraestruturas se vai ir incrementando exponencialmente.
“Ayer nos decían que Galicia ganaba. Parece ser que al Sr. Besteiro no ha echado bien las cuentas porque desde luego los gallegos no ganamos, gana Cataluña. A Galicia le sale a pagar”, sinalou con rotundidade. “Lo cifraba el presidente de la Xunta en 400 euros por gallego y es que el Sr. Besteiro y la Sra. Pontón abandonan y se olvidan de los problemas de Lugo, que es también su provincia, pues en el acuerdo nada se habla de Alcoa, de esta infraestrutura que reclamamos, ni de otras como la A-6 que es noticia por viadutuctos que se caen, baches y desprendimientos. El objetivo, concluíu, en el caso de Besteiro es beneficiar a Pedro Sánchez, al que pone claramente por delante de los intereses de los gallegos y, en el caso de Pontón, esta deja que los nacionalistas catalanes lleven la voz cantante y que el BNG solo sea el cómplice necesario de Pedro Sánchez para que otros ganen y los gallegos paguemos”.