Partido Popular de Lugo

Ameijide da a benvida á unha estación intermodal en Lugo que gracias ao PSOE non terá Alta Velocidade, frecuencias, nin trens

Venres, 3 de novembro de 2023. O anuncio da licitación da obra da intermodal de Lugo é “unha boa nova a medias” para a provincia, xa que sempre é positivo contar con infraestruturas modernas e actualizadas pero “de nada serve unha gran estación se a ela non chegan trens nin a Alta Velocidade, iso é o realmente grave o PSOE deixou a nosa provincia fora da Alta velocidade e hoxe confirmouse de novo”.

O voceiro popular Antonio Ameijide lamenta que “Lugo siga a marxe” da Alta Velocidade xa que o anuncio da contratación da obra da futura estación intermodal de Lugo e a prolongación nun quilómetro da variante de Láncara non alteran a realidade. “Pese a este investimento, Lugo cada vez será menos competitivo”, reflexionou Ameijide, que engadiu que “precisamos desta infraestrutura, pero non pode estar baleira, xa que non servirá de moito se non hai frecuencias e tampouco chega a Alta Velocidade”.

Ameijide insiste en que é necesario recuperar o proxecto da Alta Velocidade para a provincia de Lugo “para non seguir perdendo competitividade”, algo que pasa pola recuperación dos proxectos xa presentados e comprometidos con partidas orzamentarias para executar as variantes de Rubián, Peares e Canabal, “imprescindibles para garantir que os trens poden circular a alta velocidade”.