Partido Popular de Lugo

O PP de Samos critica que o edil de Deportes anuncie como medida estrela para a residencia que vai a poñer a traballar aos maiores do centro de forma altruísta 

O pleno de outubro no Concello de Samos tivo unha sorpresa moi desagradable por parte do edil de deportes, que afirmou que os maiores da residencia municipal da vila “deben de traballar de maneira altruísta no horto que está proxectado nunha parcela contigua ás instalacións”. 

O voceiro popular en Samos, Miguel Gallego, explica que esta afirmación do edil nacionalista “causou un fondo malestar na vila”, sobre todo entre os usuarios da residencia e os seus familiares, xa que “despois de toda unha vida traballando, dende o equipo de goberno pretenden que estas persoas sigan a traballar”. “A resposta que lle dan os usuarios é que vaia sachar el”, afirmou.

Miguel Gallego tamén lamenta que a alcaldesa rexeitase a proposta do PP para que o Concello de Samos subvencionase unha parte do material escolar que precisan os nenos do colexio. “É incrible que a alcaldesa rexeite axudar ás familias da vila poñendo como escusa que non é cousa do concello”, lamentou.

Outra iniciativa que xerou polémica foi a negativa da alcaldesa a dar voz á veciñanza para que elixan o nome da nova praza de Samos alegando que o nome ten que ser Fiz Vergara Vilariño porque os outros nomes propostos, como o do abade Mauro “eran ditadores e franquistas”. “Queda claro que ao BNG so lle interesa dar voz á cidadanía cando lles interesa”, criticou.