Partido Popular de Lugo

O PP reclama a Tomé a humanización da LU-P1502 en Burela para garantir a seguridade dos seus usuarios

Mércores 16 de agosto de 2023. Os deputados provinciais Antonio Ameijide e José María Fernández estiveron en Burela co voceiro popular no municipio, Manuel Rouco, onde comprobaron como é necesaria a humanización da LU-P-1502, onde os peóns teñen que circular polo arcén ou polo carril de circulación para chegar á parada de bus que hai na vía.

O voceiro popular Antonio Ameijide sinala que son necesarias varias actuacións nesta vía, como a instalación de beirarrúas, a limpeza das cunetas ou a instalación de biondas, “actuacións todas encamiñadas a garantir a seguridade viaria”.

Os populares sinalan que a beirarrúa é necesaria para evitar que os peóns teñan que camiñar polo arcén ou invadir un dos carrís de circulación, “polo que adecuar un espazo para que as persoas camiñen con seguridade é fundamental xa que hai unha parada de autobús na vía”.

Tamén son necesarias a limpeza das cunetas para unha correcta evacuación da auga da chuvia e a colocación de biondas.