Lamentablemente nada cambiou nos últimos meses coa entrada do novo equipo de goberno no Concello de Foz. “Novas caras que repiten os erros do pasado”, así de contundente se amosa o voceiro do PP de Foz, Javier Castiñeira, que critica con severidade “a nula transparencia” do alcalde á hora de informar á veciñanza e aos turistas dos problemas de abastecemento.
Hai días que non hai servizo tras unha análise negativa na auga da rede pública, pero “veciños, turistas, hostaleiros e comerciantes seguen sen poder consumir a auga da traída, un problema serio do que o alcalde se nega a informar”.
Sinala Javier Castiñeira que “agora que Foz conta cun equipo de goberno con máis concelleiros e dedicacións a realidade é que os servizos cada vez teñen máis problemas, mentres que as solucións brillan pola súa ausencia”. Un equipo de goberno formado por once persoas que, se supón, están a traballar por Foz, pero na realidade non se nota. “Canta máis xente hai, menos servizos se ofrecen e peor xestión”, denunciou.
A veciñanza da vila segue sen facerse unha idea da gravidade do problema e de canto tempo se prolongará no tempo para poder ter unha previsión e así saber como actuar nos vindeiros días. Para o voceiro popular “a imaxe que se está a dar de Foz, unha vila turística, é moi negativa, sumindo a Foz, en plenas festas de San Lourenzo, no caos”.
NULA CAPACIDADE DE XESTIÓN
Lamenta Javier Castiñeira que neste caos no que sumiron a Foz, o alcalde fala de “cobrar taxas turísticas mentres esquece o máis importante, dar servizos básicos á veciñanza”.A realidade é que neste verán en Foz os servizos non están á altura do que deberían ofrecerse. Os pasos de peóns están sen pintar; caos circulatorio derivado de ter vías cortadas e outras mal sinalizadas, o que provoca atascos diarios e que os condutores non saiban como circular por determinadas zonas, sen esquecer a recollida do lixo, “un servizo que está nun déficit absoluto