Partido Popular de Lugo

O PP de Pol agradece o compromiso da Xunta co municipio tralo remate do arranxo da LU-750

O PP de Pol agradece o compromiso da Xuntade Galicia co municipio o os seus veciños ao rematar un dos compromisos adquiridos ao finalizar recentemente as obras de reforzo do firme e sinalización – que se completarán co repintando da travesía deste núcleo – da estrada autonómica LU-750.

A voceira popular en Pol, Nicole Grueira, recorda que en abril mantivo unha xuntanza cos veciños da parroquia de Valonga e o delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, na que se acordou un investimento de 340.000€  para o reforzo e acondicionamento do firme dun treito de 6 km da estrada autonómica LU-750, entre os núcleos de Mosteiro e Rioxoán.

“Estamos ante un novo exemplo do compromiso da Xunta de Galicia con Pol e a veciñanza, que garante a mellora da vía e da seguridade viaria”, destacou Nicole Grueira. 

ARRANXO DAS PISTAS MUNICIPAIS

Nicole Grueira aproveita a ocasión para convidar ao alcalde de Pol a que “tome nota” do compromiso feito realidade pola Xunta de Galicia xa que “cómpre realizar un arranxo inmediato das pistas de titularidade municipal”.

“Hai dous modelos de xestión. O modelo que segue a Xunta de Galicia, un modelo que atende ao interese xeral e, logo, o que segue o goberno local, atendendo unicamente intereses particulares”, afirmou.