Partido Popular de Lugo

O PP de Samos condena que «para o bipartito a manter unha boa imaxe do pobo sexa algo secundario»

Samos, 13 de xullo de 2023. O portavoz do PP de Samos, Miguel Gallego, condena que “para o bipartito manter unha boa imaxe do pobo sexa secundario” ao comprobar como case pasou un mes dende que se derrubou unha parte do paredón que dá ao río e, “a pesar de que está fronte ao Concello e a alcaldesa pasa tódolos días por diante del, non parece que teña trazas de amañalo”.

Os populares lamentan “a deixadez e abandono” por parte do goberno bipartito que traslada unha penosa imaxe da nosa vila aos turistas e veciños que se preguntan cando se vai arranxar porque “a estrutura está no aire e pode abalarse”. É dicir, “o seu estado actual supón un perigo para os nenos, maiores ou calquera viandante que pase por alí”.

Miguel Gallego subliña que “organizar unhas festas non é só cuestión de traer unhas actuacións, senón que tamén supón manter a boa imaxe da vila”.