Partido Popular de Lugo

O PP pide á Deputación o arranxo das estradas provinciais LU-P-6103 e LU-P-6104 en Trabada

Venres 7 de xullo de 2023. Seguindo coas visitas que os deputados do Grupo Provincial do Partido Popular teñen previsto realizar a todos os municipios da provincia, tanto o voceiro, Antonio Ameijide, como a vicevoceira, Carmen José López, estiveron hoxe en Trabada, onde puideron comprobar as principais dos veciños da man do voceiro do PP neste municipio, José María Fernández, que tamén é deputado provincial.

Tras esta visita os deputados populares explican que se pedirá ao goberno provincial o arranxo das estradas LU-P-6103 e LU-P-6104. “É preciso repintar ambas estradas e renovar a sinalización vertical, ambas moi deficientes, sen esquecer o desbroce da vexetación, que en moitos puntos xa invade a calzada”, sinala José María Fernández.

A estrada LU-P-6103 conecta Trabada e Fórnea e trátase dunha vía moi empregada polos veciños de Trabada xa que é a principal conexión deste municipio co Hospital da Mariña e que tamén presenta problemas de falta de visibilidade, sendo por momentos case imposible circular por ela. No referente a LU-P-6104 é a principal conexión deste municipio con Asturias e moi empregada polos veciños de Trabada xa que é o principal acceso á gasolineira do centro urbano.

Os deputados populares presentarán unha iniciativa para que a Deputación Provincial considere o arranxo destas dúas vías que a diario soportan un importante volume de circulación polo que “garantir a seguridade de todos os usuarios destas vías é prioritario”.