Partido Popular de Lugo

Os deputados do PP iniciaron en Ribadeo unha ronda de visitas a todos os concellos da provincia

Mércores, 5 de xullo de 2023. Deputados do Grupo Provincial do PP na Deputación de Lugo visitaron hoxe o concello de Ribadeo no que foi o comezo da actividade do grupo na provincia, unha xornada de traballo “moi interesante e que comezou por un dos concellos que se recuperaron nas eleccións do pasado 28 de maio”, tal e como recoñeceu o voceiro Antonio Ameijide.

O propio Ameijide e a vicevoceira do Grupo Provincial, Carmen José López, visitaron xunto ao alcalde de Ribadeo, Daniel Vega, diferentes puntos do concello mariñán e comprobaron como as primeiras decisións do rexedor popular xa deron os seus froitos, como:

  • Un plan de aseo urbano intensivo, tanto de baldeo das rúas, recollida de residuos e limpeza viaria, xa que é un dos principais compromisos de Daniel Vega
  • A estabilización dunha das baixadas á praia do Cargadeiro
  • O acondicionamento da rúa Casa do Pobo.

Tanto Ameijide como López puxeron en valor o traballo que está a facer Daniel Vega nos días que leva na alcaldía, “que en realidade é a continuidade do gran esforzo que fixo na oposición, fiscalizando a acción de goberno e sempre dando solucións positivas aos problemas da veciñanza de Ribadeo”.

Para os vindeiros días os deputados populares xa teñen programadas tamén visitas a outros concellos como Trabada ou Barreiros, nunha serie de visitas que os levarán a estar en todos os concellos da provincia “para coñecer ás necesidades existentes en cada municipio e estudar as posibles solucións que se poden poñer en marcha dende a Deputación”.