Pol, 29 de xuño de 2023. O voceira do PP de Pol, Nicole Grueira, solicita ao alcalde que “comece a gravar as sesións plenarias facéndoas públicas” como exercicio de transparencia. Deste xeito, “os veciños e veciñas poderán ver a realidade: o autoritarismo do rexedor socialista”.
Grueira, que asistiu como concelleira ao primeiro pleno do mandato, sinalou que “a experiencia non foi boa: encontreime cunha situación moi peculiar”. A popular indica que o alcalde “impediu que intervira deixándome sen posibilidade de explicarme. Esta falta non era necesaria”.
“Estamos en pleno século XXI, pero con accións coma estas parece que nos quedamos nos séculos pasados, onde prevalecía o autoritarismo”, manifesta. “Non se lle pode cortar a palabra a un concelleiro que, nos plenos, representa aos veciños e veciñas de Pol”.