Vilalba, 13 de xuño de 2023. O PP de Vilalba mantén a súa vontade de formar un goberno estable con Sandra Vázquez como alcaldesa atendendo aos resultados electorais das eleccións municipais nas que “a candidatura do Partido Popular foi a forza máis votada, con máis de 1.600 votos de diferenza con respecto ao PSOE”. Polo tanto, os populares vén innegociable á hora de dialogar coas outras forzas políticas ceder a alcaldía porque “o sentir dos vilalbeses é que goberno o Partido Popular e así o demostraron o 28 de maio”.
“Escoitar aos vilalbeses” é un dos piares de traballo para o PP de Vilalba “antes e tamén despois das eleccións municipais”. E así o puxeron en práctica os populares ao tender a man ás outras tres forzas políticas na semana posterior ao 28 de maio para manter un diálogo sosegado “co obxectivo de traballar polo noso pobo”. Os populares defenderon nas reunións mantidas con dúas das forzas que obtiveron representación na corporación a súa vontade de dotar a Vilalba dun “goberno encabezado polo Partido Popular que xere estabilidade, seguridade, tranquilidade e confianza aos vilalbeses”.
“Os vilalbeses apoiaron maioritariamente á candidatura do PP e, polo tanto, debe ser a que lidere o goberno no Concello de Vilalba; pero iso solo pasa polo diálogo e o acordo. Polo tanto, está nas mans do resto das forzas políticas se realmente están interesados en lograr o beneficio para o noso pobo ou para eles mesmos e os seus propios partidos”.