Partido Popular de Lugo

Ethel Vázquez traslada a Ramiro Moure o compromiso do Goberno galego para completar a mellora da avenida de Lugo

Taboada, 24 de maio de 2023. A responsable de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, manifestou este mércores, durante o mitin organizado en Taboada polo Partido Popular, o seu compromiso de completar a mellora da avenida de Lugo, dando continuidade así á execución executada hai uns anos. A nova foi moi ben acollida entre os asistentes e supón un claro exemplo do apoio do Goberno galego á candidatura que lidera o actual alcalde, Ramiro Moure.

Neste senso, e logo de escoitar o proxecto político do alcaldable para os vindeiros catro anos, Vázquez puxo en valor “a fortaleza do PP deste municipio para que garantir que Taboada teña un goberno forte e sólido”. É, por este motivo, polo que convidou aos veciños a elixir o vindeiro 28 de maio a papeleta do Partido Popular para que Ramiro Moure acade unha maioría “folgada”, xa que “hai moito futuro en xogo”. “Toca, dixo, ir a pola cuarta maioría absoluta do PP en Taboada”.

O candidato popular e actual rexedor explica que, pola súa parte, “desde o goberno local traballamos e seguiremos traballando para ofrecer servizos en todo o municipio”. Neste sentido, Moure amosou o seu compromiso por “continuar a desenvolver a rede de servizos aos veciños do municipio en materia de infraestruturas. A este respecto, cre que o asentamento do polígono industrial fomentaría a instalación de empresas e, polo tanto, axudaría a fixar poboación.

Puxo en valor que Taboada “hoxe é unha entidade local solvente, sen débeda”, ao tempo que detallo que outros dos obxectivos que se marcan os populares é a recuperación da actividade no Campo da Feira; a potenciación do turismo; a mellora dos accesos; o apoio á celebración da Subida a Taboada e da Festa da Xuventude, ademais das patronais; unha conexión de calidade de Internet; organización do Festival de Verán en Ponte Mourelle ou a creación da Festa da Galleta de Xián; e a adquisición de inmobles para gardar maquinaria, vehículos e demais artigos que conforman as dotacións do Concello.

O PP, A ÚNICA ALTERNATIVA

Na mesma liña se pronunciaron o resto de cargos orgánicos da dirección autonómica e provincial que esta tarde-noite quixeron arroupar ao alcaldable. Foi o caso, de José Manuel Barreiro que non dubidou en recoñecer que coñece moi ben ao candidato e sabe da súa entrega ao seu concello. Tal é así que Barreiro cualificou o proxecto político que representa “como a única alternativa útil para este municipio”. E é que votar ás forzas de esquerda, nomeadamente ao Partido Socialista, apunto o secretario xeral, Javier Nodal, “só serve para darlle folgos a Pedro Sánchez e ao peor Goberno que tivemos en España da historia”.

Pola súa banda, Raquel Touriño fixo un chamamento “ao sentidiño” que tanto defende o presidente Rueda, e que, apuntou, “non significa outra cousa máis que gobernar dende a xestión, dende o rigor e para todos”.