Partido Popular de Lugo

A candidata popular á alcaldía de Sarria, Carmen José López, expuxo á conselleira Ethel Vázquez os proxectos e propostas de futuro que ten para o concello

Sarria, 23 de maio de 2023. A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, estivo  hoxe en Sarria apoiando a candidatura do Partido Popular que encabeza Carmen José López.

A conselleira e a alcaldable do PP abordaron os proxectos e as propostas de futuro que este equipo ten para a vila en materia de estradas e tamén de auga, para solucionar os problemas de saneamento e potabilización que teñen na actualidade moitos núcleos do municipio. Carmen José López agradeceu a visita da conselleira e a receptividade mostrada fronte aos proxectos que expuxo e que, se ten a confianza dos seus veciños e veciñas e goberna, levará a cabo, coa necesaria colaboración da Xunta de Galicia.