Partido Popular de Lugo

Carmen José analiza con Ánxeles Vázquez a necesidade de dotar a Sarria dun auditorio e o desenvolvemento urbanístico do municipio

Sarria, 21 de maio de 2023. O candidata do Partido Popular á alcaldía de Sarria, Carmen José López, expuxo á responsable do Goberno galego de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ánxeles Vázquez, a necesidade de dotar a Sarria dun auditorio e de impulsar actuacións en materia de rehabilitación e de urbanismo de cara a favorecer o desenvolvemento do municipio. Foi durante a visita realizada pola dirixente autonómica a esta localidade, na que Vázquez respaldou as liñas programáticas da candidatura que lidera Carmen José.

A candidata detallou que “a súa folla de ruta” recolle tamén a potenciación de paseos fluviais e conexión dos ríos co centro da vila; a mellora de infraestruturas e de mobiliario urbano; a creación de prazas de estacionamento e un plan de tráfico e de seguridade viaria.

“Agradezo o apoio decidido do Goberno galego que, no día de hoxe, volve a estar en Sarria coa presenza de Ánxeles Vázquez e onte do propio presidente Alfonso Rueda. O desenvolvemento urbanístico e que Sarria dispoña de instalacións axeitadas é unha das nosas prioridades. É dicir, fronte á crispación, o PP ofrece alternativas, ofrece proxecto e ofrece propostas que os veciños nos demandan. Así o entendemos dende o proxecto que encabezo. O noso obxectivo, afirmou Carmen José, é ser útiles e priorizar o gasto útil”.

CANDIDATURA CON “ALTURA DE MIRAS”

Pola súa banda, Vázquez puxo en valor a altura de miras da candidatura sarriá, ao contar cuns plantexamentos acertados para o futuro desta vila. Así, trasladoulle o seu compromiso a Carmen José e a todo o seu equipo de traballar da man para poñelos en marcha.