Monterroso, 21 de maio de 2023. O presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, e o coordinador provincial do PP de Lugo, José Manuel Balseiro, realizaron hoxe un percorrido polo centro de Monterroso xunto ao candidato a alcaldía, Eloy Pérez, e o seu equipo.
Tras a súa experiencia como primeiro tenente de alcalde, aportando ‘sentidiño’ á corporación municipal, presenta un programa de goberno para toda a veciñanza que garanta estabilidade, inversións, capacidade de xestión e lealdade.
Os populares de Monterroso defenden proxectos de progreso e futuro para a vila como a construción dunha residencia da terceira idade, unha boa conexión coa A-54, a ampliación da EDAR ou a rehabilitación da área recreativa da Peneda.
Rueda e Balseiro escoitaron as ideas do candidato coas que aspira a acadar a maioría absoluta desde a honestidade.