Partido Popular de Lugo

Alfonso Rueda asegura que Manuel Varela seguirá dándoo todo polo progreso de Chantada

Manuel Varela: “O PP ten a vontade de seguir mellorando Chantada fronte ao resto de forzas políticas que só queren acabar coa maioría absoluta dos populares”

  • O presidente do PPdeG reivindicou a xestión municipal de Manuel Varela durante os seus anos como alcalde e asegurou que en Chantada, como en Galicia, existe un Goberno que o dará todo polo progreso da vila
  • Destacou o espírito inconformista do candidato e a súa ambición para mellorar os resultados das eleccións municipais de 2019. O obxectivo este 28 de maio é ampliar o número de votos da maioría absoluta da que xa gozan os populares en Chantada
  • Rueda considera que hai marxe para convencer a máis veciños de que o PP ofrece unha candidatura forte e unida, con ganas de traballar e con vontade de diálogo para que o Concello avance nos próximos anos coa execución de moitos dos proxectos pendentes
  • No presente mandato, o Goberno municipal de Chantada caracterizouse por ofrecer estabilidade política e responsabilidade na xestión. O líder dos populares galegos afirmou que se os veciños queren líderes previsibles e non coalicións imposibles, con intereses partidistas, deben votar ao Partido Popular

MANUEL VARELA QUERE GOBERNAR PARA INVESTIR NO POBO

  • O candidato á alcaldía asegurou que o resto de forzas políticas “só queren acabar coa maioría absoluta do PP” fronte a unha proposta dos populares dirixida a seguir investindo no pobo coa creación de emprego, a ampliación do polígono dos Acivros e co asentamento de novas empresas no casco urbano
  • O alcaldable apostará tamén, se vence as eleccións, por consolidar o desenvolvemento turístico e socioeconómico realizado nos últimos anos para ter “un dos cascos históricos mellor conservados da Ribeira Sacra”. Varela representa un equipo de persoas dispostas a seguir mellorando o concello