Partido Popular de Lugo

Paula Prado: “Os representantes do PPdeG somos os únicos que podemos vir á Mariña e mirarlle aos ollos aos veciños e veciñas”

  • A secretaria xeral do PPdeG desprázase hoxe á provincia de Lugo, para apoiar aos candidatos nos distintos concellos, comezando esta mañá polo candidato en Ribadeo, Daniel Vega: “Como compañeiro no Parlamento vexo día a día a súa ansia e o seu empeño por resolver todos os problemas de Ribadeo, como se el xa fora o verdadeiro alcalde”
  • Paula Prado indicou que o alcaldable popular non confronta con outras forzas: “El pon nunha man as deficiencias e denuncia o que non fai o alcalde, pero noutra busca sempre as mellores solucións, facendo cousas positivas pola súa vila, como vemos todos os días no Parlamento e, por iso, merece ser o seu rexedor” 
  • Con fin de gobernar, Dani Vega ten que conseguir unha maioría absoluta “para impedir un pacto de perdedores de BNG e PSOE, que non aspiran a gañar senón a sacar un voto máis que o PP para logo renunciar ao seu programa electoral e poñer os seus intereses políticos sempre por riba dos do seu pobo” 
  • “Desde o PPdeG facemos política baseada na seriedade, na solvencia, na estabilidade e na unidade”, indicou Paula Prado, antepoñendo isto a bipartitos que “nunca trouxeron nada bo para Galicia” 

“POLÍTICAS NEFASTAS” DE SÁNCHEZ NA MARIÑA LUCENSE

  • “Cando vimos á Mariña podemos mirarlles aos ollos aos veciños e veciñas, algo que non pode facer Pedro Sánchez, nin os seus valedores como o delegado do Goberno, con políticas nefastas para Galicia, para España e tamén para esta comarca”, abundou
  • Fixo referencia  así a secretaria xeral dos populares galegos á Lei de vivenda, a Lei do só si é si, a inseguridade xurídica ás empresas que xera o Goberno central para a súa instalación no noso territorio ou a súa “manipulación das estatísticas do paro que non oculta que hai moita xente que o está a pasar mal”
  • Ao respecto  do BNG, indicou a secretaria xeral dos populares galegos, xa vemos que “por diante ten unha cara e outra por detrás” e recordou a súa pertenza ao grupo dos Verdes no Parlamento europeo, cos que queren “destruír a nosa actividade pesqueira co veto á pesca de fondo ou ao noso rural co apoio á protección do lobo”; e todo iso mentres apoia aos independentistas cataláns “consentindo os agravios a Galicia” 
  • Pola contra, sinalou, temos un goberno na Xunta de Galicia que é “un exemplo” para A Mariña, con avances como os da ampliación do hospital comarcal, e que amosa que “hai outra forma de facer política”
  • Paula Prado mostra o seu apoio a Javier Castiñeira que “volverá ser alcalde e recuperará o esplendor que tiña Foz durante o seu mandato”; a Manolo Otero, que “manterá a maioría para que Mondoñedo siga avanzando”; e a Antonio Riveira, que “coa experiencia de dúas décadas no Concello de Xermade, logrará o cambio de goberno”