Outeiro de Rei, 19 de maio de 2023. O candidato á alcaldía de Outeiro de Rei, José Pardo Lombao estivo arroupado pola presidenta do Partido Popular de Lugo, Elena Candia e o voceiro parlamentario do PPdG, Pedro Puy, os cales respaldaron o proxecto político de Pardo Lombao como unha aposta polo crecemento e o desenvolvemento social de Outeiro de Rei.
A presenza de tres cargos orgánicos de gran calado certifican a tesitura do gran alcalde que é Pardo Lombao e, por iso, dun modo máis familiar Elena Candia manifestou que «vir a Outeiro de Rei é vir a acompañar a un gran alcalde, a un gran amigo e a un gran candidato que, por riba de todo, é un home entregado aos seus veciños. Outeiro de Rei hoxe é un municipio destacado na contorna de Lugo e xa non só pola súa proximidade, senón polos servizos que ofrece. Cada vez son máis as persoas que o elixen para vivir», afirmou Elena Candia. A este respecto, a tamén candidata ao concello de Lugo puxo en valor que, como alcalde, «Pardo é un exemplo no que mirarse; un alcalde que xestiona e que goberna», apuntou
Pola súa parte, o candidato amosou o seu compromiso cos veciños e destacou a labor do seu equipo de goberno que “durante todos estes anos fomos capaces de poñer a Outeiro de Rei como referencia de Lugo e Galicia en diferentes eidos”. Neste sentido, Pardo Lombao destaca que “o municipio foi que máis medrou de Lugo cun 1,5% en crecemento de poboación, e en renta percápita estamos no segundo lugar de toda a provincia.”
En canto a infraestruturas, o alcaldable destaca que “do parque empresarial tamén podemos estar orgullosos porque pódese comparar con calquera concello máis grande que o noso en canto as estradas, debemos destacar a concentración de rede de estradas nas parroquias”. O candidato resaltou tamén que as parroquias onde se levou a cabo a reestruturación de fincas aínda teñen importante actividade de gandería e afirmou que dispoñer de terreos cunha superficie algo ampla é importante para un gandeiro, pero tamén para quen quere alugar leiras ou realizar plantacións nas súas propiedades. Puxo tamén en valor que “a pesar de que Outeiro de Rei é un municipio moi disperso, conta cunha importante rede de estradas, cunha boa rede eléctrica en tódolas parroquias e tamén unha rede de abastecemento de auga que chega a tódolos núcleos de poboación”. Por contra, neste sentido expuxo o pouco compromiso da Deputación de Lugo coa rede de estradas provinciais xa que “o estado no que se atopan é lamentable”:
Pardo Lombao destacou o programa de conciliación implantado en Outeiro de Rei que “permite que os nenos e nenas de entre 3 meses e 12 anos conten con atención durante máis de 12 horas ao día tódolos días do ano excepto sábados, domingos e festivos”. Pero tamén ten implantado o goberno local importantes servizos sociais para os maiores coma o de axuda a domicilio, prazas públicas nunha residencia concertada do municipio e o servizo de respiro familiar que permitirá aumentar as horas de atención a persoas dependentes”. Lembrou tamén que o Concello de Outeiro de Rei ten implantado tamén un programa de actividades de estimulación para persoas dependentes de grao elevado”. E especialmente dirixido aos maiores do municipio, “desenvólvense talleres de memoria ou ofrécese o servizo de podoloxía”. En materia educativa, o alcaldable destacou a importante inversión feita en educación para o colexio de Educación Infantil e Primaria do municipio que tivo un crecemento dun 100% no último ano.
PROXECTOS DE FUTURO
O candidato do Partido Popular ten varios proxectos en mente para seguir facendo de Outeiro de Rei unha referencia a nivel provincial e autonómico. “Temos que seguir creando servizos e mellorando os que temos para seguir co asentamento poboacional. Aumentar as prazas nas residencias e rematar as obras do centro de día.
Neste ano, como novidade Outeiro de Rei traballou para levar a conexión de fibra óptica aos 180 núcleos de poboación que integran o municipio. “Neste momento é fundamental que a xente que vive no rural teña tamén acceso a servizos como a fibra óptica. É unha ferramenta básica para atraer e asentar poboación”, di Pardo Lombao.