Partido Popular de Lugo

Dani Vega e Rosa Quintana destacan o dragado da Ría como un impulso da economía do porto de Ribadeo

Ribadeo, 19 de maio de 2023. A conselleira do Mar, Rosa Quintana, visitou onte pola tarde Ribadeo para respaldar ao candidato a alcaldía, Dani Vega e analizar as accións que se están a desenvolver no porto de Ribadeo co dragado da Ría e a modernización do porto. Vega valorou positivamente o traballo conxunto con Portos de Galicia. “Este importante traballo con Portos de Galicia empeza a dar os seus froitos coa mellora do porto e tamén co dragado da ría. Estas inversións son  fundamentais para Ribadeo e levamos tempo traballando para conseguilas”, explica Vega. Neste sentido, o proxecto do dragado da ría está facéndose por catro fases cun orzamento de 3,7 millóns de euros. O proxecto contempla unha actuación inicial de dragado e ampliación do calado e tres máis de mantemento.

En relación á mellora do porto de Ribadeo o alcaldable subliñou que “era necesario este orzamento de 200.000 € para concretar as primeiras accións coa mellora do entorno da lonxa”. O antigo aglomerado estaba moi desgastado e “incorporouse un novo aglomerado, renovando o adoquín que estaba moi detoriorado”.

Vega destaca a liña de traballo durante estes catro anos pois “pouco a pouco vamos a ir facendo todas as melloras no porto e tamén co dragado, que é fundamental. En definitiva vamos a seguir traballando por traer inversión para Ribadeo co obxectivo de mellorar e modernizar todo o porto que crea tanta riqueza na nosa vila”. O alcaldable subliñou tamén que no seu proxecto político son pilares fundamentais a modernización do porto e atraer inversión para Ribadeo.

A titular do Mar, pola súa banda, puxo en valor a importancia de Ribadeo como porto pesqueiro e salientou o peso da actividade extractiva na economía local. Neste sentido, asegurou que a pesca ten futuro malia os importantes desafíos aos que se enfronta e que non hai mellor persoa para defender os seus intereses desde o goberno local que Dani Vega.