Foz, 18 de maio de 2023. Os focenses terán que elixir o próximo día 28 entre ter no próximo mandato un goberno sólido, unido, coa experiencia de xestión que avala aos membros da candidatura popular, ou ter unha nova edición do goberno bipartito PSOE-BNG, dividido e incapaz de xestionar nada. O candidato do PP á alcaldía de Foz, Javier Castiñeira, sinala: “Temos moi claro que se se dan as circunstancias e o PSOE necesita da axuda do BNG, o BNG vaille dar novamente o apoio na investidura, e iso deben sabelo os veciños”. Engade: “Hai dúas alternativas: ou goberno bipartito, como o que temos hoxe, sen entendemento ningún entre as partes, descoordinado e con moi pouca xestión, ou un goberno do PP, que en situación moita máis complexa que a día de hoxe, sacouno adiante con menos orzamentos, menos persoal e menos dedicacións e fixo moito máis”.
Castiñeira lembra que a día de hoxe “as obras grandes de Foz están sen facer, porque foron catro anos nos que non se xestionou nada: non se fixo o auditorio, non se deu solución ao asilo de anciáns e as entrada de Foz están que dan pena; hai moito que facer e haino que facer con colaboración institucional, algo que só pode facer o PP”.
O alcaldable popular anuncia: “Demandaremos investimentos por parte da Deputación e da Xunta e estou seguro de que faremos un bo goberno, porque temos un equipo preparado, que non vai dimitir no primeiro terzo do mandato; un equipo con experiencia de xestión. Podemos pedir o voto para o PP fronte á outra alternativa, o bipartito PSOE-BNG que sufrimos estes últimos catro anos”.