Partido Popular de Lugo

Paula Prado ve necesario un cambio da man do PP nunha Deputación de Lugo que «non atende os intereses dos veciños da provincia»

Sandra Vázquez: “Desde a vontade de traballo, a humildade e o respecto trataremos de acadar a maioría para mellorar Vilalba»

  • A secretaria xeral do PPdeG desprázase hoxe á provincia de Lugo, para apoiar aos candidatos nos distintos concellos, comezando pola capital da Terra Chá, Vilalba, alentando a Sandra Vázquez “cun proxecto que é unha clara mostra do que é o noso partido: unha aposta por un proxecto solvente, serio e responsable”
  • No percorrido pola provincia, que continuará esta tarde por Rábade, Triacastela e Guitiriz, Paula Prado amosou o apoio aos nosos candidatos que loitan por recuperar o bastón de mando, como Sandra, Reme González (Rábade) e José Manuel López (Guitiriz); pero tamén a alcaldesas como a de Triacastela, Olga Iglesias, que “demostra que se pode gobernar ben fronte aos concellos nos que sufrimos o desgoberno da esquerda”
  • Un desgoberno que se traslada tamén á Deputación de Lugo, “co señor Tomé á cabeza, que non é quen de atender os intereses dos veciños da provincia”, sinalou a número dous dos populares galegos
  • Así, indicou que a Deputación de Lugo non lle está dando resposta ás necesidades de todos os concellos, “actuando de forma clientelar”, polo que é preciso un cambio que virá da man do PP
  • Unha institución provincial que está gobernada “co apoio dun BNG, que vai sempre da man do PSOE á hora de firmar eses pactos de perdedores para gobernar nos concellos onde o PP non lle chega coa para gobernar”
  • “A nós non nos chega con ganar as eleccións simplemente, senón que temos que conseguir a maioría absoluta”, abundou

AGARDAMOS QUE O BNG DEIXE DE ARRREMETER CONTRA O PP E CONDENE A BILDU”

  • Engadiu Paula Prado que o BNG “non é unha alternativa para Galicia, vendo estes días como aínda non condenou ao seu socio Bildu e as súas listas electorais con terroristas condenados por delitos de sangue, moitos deles galegos”. “Temos 68 vítimas do terrorismo de ETA en Galicia, algúns enterrados nesta provincia”, lembrou
  • Ao respecto das recentes declaracións dos integrantes destas listas electorais de que non van formar parte dos gobernos aínda que saian elixidos, amosan, segundo a número dous dos populares galegos, “que non son xente de fiar”.
  • “Agardamos que o BNG deixe de arrremeter contra o PP e condene e se afaste de Bildu, que está branqueando a todos estes terroristas que en ningún caso representan o sentir da democracia do século XXI”, concluíu a secretaria xeral do PPdeG

SANDRA VÁZQUEZ: “ACHEGAMOS O NOSO PROXECTO DE FUTURO ÁS 29 PARROQUIAS”

  • Pola súa banda, a candidata popular Sandra Vázquez agradeceu a asistencia da secretaria xeral dos populares galegos ao mercado no casco urbano e o seu apoio nesta campaña próxima que está levando a cabo “para achegar o noso proxecto de futuro para Vilalba ás 29 parroquias que a compoñen”
  • “Somos o partido que máis se parece aos vilalbeses e así o estamos expoñendo no noso programa electoral, que nace exclusivamente da escoita e das numerosas xuntanzas co tecido asociativo, cultural e deportivo”, indicou Sandra Vázquez.
  • “Nestas achegas dos diferentes sectores da poboación buscamos solucións aos problemas que teñen os nosos veciños para o que precisamos acadar os 9 concelleiros da maioría absoluta para volver a reconquistar Vilalba que é o que precisa a nosa vila”, agregou
  • “Desde a vontade de traballo, a humildade e o respecto trataremos de conseguir este obxectivo para mellorar Vilalba e, sobre todo, atender as necesidades dos vilalbeses”, rematou a candidata popular