Partido Popular de Lugo

Carmen José aposta por fomentar a actividade industrial de transformación “como palanca” para o sector agrícola e gandeiro

Sarria, 13 de maio de 2023. O proxecto político da candidata do Partido Popular de Sarria, Carmen José López, aposta por fomentar a actividade industrial en xeral e tamén, de forma particular, pola xeración das condicións para impulsar a actividade de transformación que poida servir como palanca para o sector agrícola e gandeiro, tan importante tanto no Concello coma na Comarca. Así o manifestou a alcaldable nunha reunión de traballo co tecido económico local, e na que estivo respaldada polo vicepresidente do PP provincial e responsable do Goberno galego de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde.

A popular liderou así a xuntanza na que tamén abordaron a falta de s industrial que esta vila, de cara a “establecer sinerxias”, imprescindible para que os empresarios e autónomos poidan ampliar os seus negocios ou favorecer o asentamento de novas empresas nunha localidade que, en palabras da candidata, “reúne todos os requisitos para albergar novas fábricas e naves e, con elo, favorecer a creación de postos de traballo e o desenvolvemento socioeconómico dun concello que, nos últimos anos, non avanzou nada neste sentido, a pesares de que ser un lugar atractivo pola súa ubicación e de haber emprendedores que queren e están dispostos a asentar o seu modo de vida aquí”.

Deste xeito, Carmen José fixo especial énfase na necesidade de axilizar a burocracia nos trámites municipais que, na actualidade, “se dilatan excesivamente no tempo, desincentivando a solicitude de licenzas e o inicio de novas actividades”.

APOIO DENDE O GOBERNO GALEGO

Francisco Conde subliñou que “en Sarria é prioritaria a xeración de actividade económica para mellorar a competitividade do tecido empresarial e a calidade de vida dos veciños e veciñas”. Por iso, informou de que nos próximos días se atenderá á petición do PP deste municipio de comezar os contactos e encontros necesarios coa Consellería para buscar solucións a situación de bloqueo imposta polo SEPES.

O CAMBIO PARA QUE SARRIA VOLVA A SER UN CONCELLO REFERENTE NA PROVINCIA

O encontro enmarcouse na programación intensa que está a levar a cabo esta formación tanto no casco urbano, como na zona rural para explicar o seu programa electoral e pedir durante estes quince días o apoio dos veciños, pois neste municipio, apuntou Carmen José, “é importante a decisión que tomemos como cidadáns os 28 de maio, xa que, votar ás forzas de esquerda significa seguir como estamos ou, pola contra, dar un paso adiante e apostar polo cambio que representa o noso proxecto e que, como xa dixen noutras ocasións, chega sen mochilas de ningún tipo e cun obxectivo claro: mellorar Sarria, traer proxectos a Sarria, crear emprego en Sarria, revitalizar o rural de Sarria e que Sarria volva a ser un concello referente na provincia”.