Partido Popular de Lugo

José María Fernández, candidato do PP á alcaldía de Trabada, presentará denuncia na fiscalía porque o Concello non avaliou a solicitude de súa nai para unha praza na residencia

Trabada,  10 de maio de 2023. O candidato do PP á alcaldía de Trabada, José María Fernández, anuncia que presentará denuncia na fiscalía porque a solicitude presentada pola súa nai, en tempo e forma, para unha praza na residencia da terceira idade non foi avaliada pola comisión municipal de asuntos sociais. Fernández, tras ter que solicitar por segunda vez autorización do goberno local, logrou acceder ao expediente das valoracións efectuadas na citada reunión e a de súa nai non figura entre as analizadas. A reunión celebrouse o 29 de decembro pasado e a solicitude estaba presentada dende novembro.

José María Fernández considera que a non inclusión das solicitude de súa nai entre as que foron estudadas pola citada comisión pode constituír un presunto delito de prevaricación administrativa, ademais dun caso de marxinación por interese político. Por elo, anuncia que presentará denuncia na fiscalía. “Creo -di Fernández- que podemos estar diante dun delito e por uso porei este asunto nas mans da fiscalía”.

O candidato popular á alcaldía indica que dende o 29 de decembro non houbo máis reunións da comisión de asuntos sociais.