Folgoso do Courel, 9 de maio de 2023. O PP presenta en Folgoso do Courel unha candidatura ás eleccións locais na que prima a experiencia na xestión, curtida ademais nas especiais dificultades creadas polos incendios forestais de meses atrás. Como candidata a repetir na alcaldía, Lola Castro, sinala: “Tocounos vivir tempos con retos que foron moi difíciles de afrontar, pero isto no fixo que cesara o noso empeño por seguir sacando adiante os proxectos que tanta falta fan no noso Concello”.
Da lista que encabeza, Castro di: “Hoxe tedes antes vós un equipo unido, solvente e con experiencia; un equipo que mantén a mesma ilusión que a primeira vez ou incluso máis e con gañas renovadas para seguir acadando o mellor para todos e cada un dos nosos veciños e veciñas do Courel”.
A candidatura popular constitúe “un equipo próximo e representativo do noso Concello, profundamente coñecedor das dúas necesidades e completamente implicado para resolver os problemas dos veciños e veciñas”.
Os membros da lista popular agradecen “a confianza depositada en nós todo este tempo” e están “seguros de que xuntos seguiremos avanzando”.
A LISTA, NOME A NOME
1.-Dolores Castro Ochoa
2.-José Antonio López Rodríguez
3.-María del Carmen Vergara Ramos
4.-Filomena Vila Fernández
5.-Pedro Lemos López
6.-José Luis López Rodríguez
7.-José Antonio Vilariño Rivera
Suplentes
1.-Roberto Ferreiro Suárez
2.-Andrea López Calleja
3.-Roberto Gundriz Sobredo
4.-Natalia López López
5.-Carlos Carballo Gallego
6.-Jesús Rodríguez Cela