Partido Popular de Lugo

Eloy Pérez: «Quero aportar algo ao pobo no que vivo e traballo, potenciar Monterroso e dotalo da máxima cantidade de servizos»

  • O candidato do PP á alcaldía de Monterroso, Eloy Pérez, relaciona a política, en especial a municipal, coa “vocación de servizo público: non me plantexara antes dedicarme á política, pero propuxéronmo no 2019 e aceptei o reto pensando en aportar algo ao pobo no que vivo e traballo”
  • O alcaldable popular márcase como obxectivos “dotar a Monterroso da cantidade máxima posible de servizos e potenciar o noso parque empresarial” para o que está a traballar na mellora da conexión coas vías de alta capacidade
  • Eloy Pérez sinala como outra das necesidades de Monterroso, tendo en conta o contexto social do século XXI, “a construción dunha verdadeira residencia da terceira idade” para atender ás persoas maiores no pobo; xa que os fallos do deseño da infraestrutura que se lle chamou residencia da terceira idade impediron que acadase esa cualificación”
  • “Monterroso é unha vila do interior que atrae por si sola. Atópase ademais nun posición privilexiada no cruce entre as estradas que unen A Coruña e Ourense e Pontevedra con Lugo. A súa estrutura faino o pobo máis atractivo das vilas da contorna e, de feito, somos o máis poboado da comarca da Ulloa e dos poucos concellos rurais que incrementaron habitantes nos últimos anos”, defende o alcaldable popular
  • Entre algúns dos seus atractivos, Eloy Pérez cita a Feira de Santos, “o gran supermercado rural que se celebra cada 1 de novembro transcendendo as fronteiras de Galicia” e sobre a que está a piques de abrir o Centro de Interpretación A Vila das Feiras “grazas ao noso empeño e o apoio da Xunta” onde se poderá coñecer, entre outros aspectos, “como foi medrando o pobo en relación a este evento que ten máis de 800 anos de historia”
  • A través deste centro de interpretación tamén queremos poñer en valor aspectos relacionados coa historia de Monterroso e que “incluso moitos monterrosinos descoñecen” coma, por exemplo, que “no castelo de Xirgal construído sobre un castro e do que só se conservan os seus restos foron criados dous reis de Castela: Alfonso VII e Fernando II -como recolle o libro Esperando al rey, de José María Pérez Peridis”
  • Un dos lugares que Eloy Pérez recomenda visitar en Monterroso é a área recreativa da Peneda, un complexo situado nun entorno privilexiado no nacemento do río Ulla onde se reúnen mozos da zona -incluso das provincias limítrofes- na época estival, e para o que “pronto se firmará un convenio para desenvolver o proxecto da súa modernización”
  • O candidato popular destaca tamén que “a xente de Monterroso é moi incluínte, aberta e acolledora” e lembra que “na última fin de semana de agosto temos un evento moi importante, o Festival Agrocuir, sobre a aceptación da diversidade sexual e no que participan persoas de toda España”
  • Eloy Pérez sinala que “entre a actividade política e a profesional -relacionada coa enxeñería agropecuaria- non teño practicamente tempo libre porque requiren dispoñibilidade para atender aos veciños”
  • Sobre as características que o definen, Eloy Pérez sinala “a capacidade de traballo, a honestidade e o respecto ás persoas, que considero fundamental. Independentemente da súa ideoloxía, trato de axudar a todos”. É por iso polo que cre que “se os veciños nos elixen, non se verán defraudados”.

UN NOVO FORMATO PARA COÑECER DE CERCA AOS CANDIDATOS

  • O pódcast en Primeira Persoa é unha idea orixinal do Partido Popular de Galicia na que diferentes candidatos das provincias galegas teñen a oportunidade de ser entrevistados nun formato directo, dinámico, e adaptado ás novas formas de comunicación que ofrece o universo transmedia
  • A máxima coa que se plantexan estas entrevistas é que os veciños podan coñecer á persoa que hai detrás do político e escoitar aos seus candidatos nun ton informal e próximo, máis alá de discursos políticos e ideoloxías

Estas son as redes onde está dispoñible o pódcast en Primeira Persoa:

Facebook: https://www.facebook.com/ppdegalicia

Twitter: https://twitter.com/ppdegalicia

Instagram: https://www.instagram.com/ppdegalicia

Youtube: https://www.youtube.com/@ppdegalicia

iVoox: https://www.ivoox.com/podcast-en-primeira-persoa_sq_f11835326_1.html