Lugo, 8 de maio de 2023. Tralas declaracións que o BNG realizou esta mañá nun acto electoral no casco histórico, o presidente do PP local, Ramón Carballo, lembrou que nos últimos 14 anos a Xunta do PP rehabilitou 30 edificios, adxudicou 70 vivendas e impulsou máis de 20 locais comercias nesta zona.
- Os populares piden ao BNG autocrítica e que non falte á verdade. Deste xeito responden ás declaracións desta maña da súa líder Ana Pontón sobre a situación da Tinería.
- O Presidente do PP local afirma que se tan preocupados están polo desenvolvemento desta zona o primeiro que debería facer o candidato do BNG, que é o actual vicealcalde de Lugo, é poñer a andar ao seu socio de Goberno para desbloquear actuacións paralizadas pola área de Urbanismo do Concello durante estes últimos anos, como o Pazo de Doña Urraca e a Casa da Torre.
- Ao respecto da pouco crible “matraca” do BNG sobre a parálise do barrio da Tinería o PP presenta os datos reais de rehabilitacións “nestes doce anos, a Xunta a través do IGVS, rehabilitou preto de 30 edificios, adxudicou case 70 vivendas e impulsou máis de vinte locais comerciais neste barrio.
RESPONSABILIDADE MUNICIPAL
- O popular invitou a Arroxo a que gaste as súas enerxías en impulsar medidas reais para rexenerar o barrio e que está nas mans do goberno do que forma parte “como medida preventiva deberían valar todos os edificios que presentan deficiencias e que poden supor un risco para os viandantes, tamén ten potestade para facer cumprir en prazo as ordes de execución, se é que as comunica, para consolidar fachadas e cubertas”
- Ramón Carballo concluía “se o que ten que criticar o Bloque Nacionalista Galego é a actuación da Xunta na Tinería é que imos polo bo camiño”.