Guitiriz, 8 de maio de 2023. A candidatura do PP de Guitiriz, encabezada por José Manuel López, foi presentada esta tarde no restaurante A Casilla, no que tamén participou o Vicepresidente provincial, Francisco Conde, o secretario xeral do Partido Popular de Lugo, Javier Vázquez Nodal e o coordinador xeral, José Manuel Balseiro. Desde a dirección provincial lamentan a mala xestión do goberno actual que o único que fixo foi “retroceder a Guitiriz”. Neste sentido, Nodal explicou que “é necesario un cambio de goberno inmediato para reverter a situación” e trasladou a súa preocupación pola situación dos servizos prestados en Guitiriz. “Temos a 99 persoas en lista de espera para recibir o servizo do SAF a pesar de que hai máis de 450 horas dispoñibles. É unha vergoña”, di o secretario xeral.
O candidato popular presentou unha lista totalmente renovada e formada por mulleres (9) e homes (6) “totalmente comprometidos con Guitiriz” e que representan os principais eidos da sociedade. López explica que “é necesario darlle aos veciños a atención que merecen e resolver as cuestións que demandan e, por iso, temos unha lista totalmente renovada con xente moi nova que sentíronse representados polo noso proxecto e con persoas con experiencia na política municipal e que xa estiveron en anteriores gobernos do PP de Guitiriz”:
Durante o encontro, López subliñou os seus obxectivos prioritarios no caso de chegar á alcaldía. “Defendemos un proxecto de futuro asentado nun goberno estable que teña como obxectivos a atencións ás persoa e a mellora dos servizos, pero sobre todo a construción dun municipio con recursos para permitir o asentamento da poboación”. Neste sentido o alcaldable explicou que na súa folla de ruta unha das iniciativas máis importantes é a creación de solo industrial para potenciar o polígono industrial e impulsar ao mesmo tempo o asentamento da poboación en Guitiriz.
Pola súa banda, Francisco Conde asegurou que o PP busca facer do rural galego unha terra de oportunidades e destacou que Guitiriz merece un goberno local comprometido coa xeración de emprego e riqueza. Neste sentido referiuse á importancia de apostar pola simplificación administrativa e por adoptar medidas que favorezan a captación de investimento e posta en marcha de proxectos industriais a través dunha Administración próxima e da colaboración.
LISTA NOME A NOME
1. José Manuel López Rodríguez
2. Alexandre Losada Buide
3. María Margarita Pereira López
4. María Guadalupe Prado Tomé
5. María Consuelo Raposo Cabo
6. Roberto Fernández Buján
7. Rebeca Tena Abuín
8. María José González Roca
9. José Luis López Vázquez
10. Alzira da Conceiçao Trindade de Almeida
11. María de las Nieves López Rodríguez
12. Ángel Lobeiras Paz
13. Casimiro Avelino Ares López
Suplentes:
1. Ana Rodríguez Bujan
2. Manuel Castro Rico