Sarria, 7 de maio de 2023. O PP presenta unha candidatura encabezada por Carmen José López para recuperar Sarria apostando polo rural. A lista deuse a coñecer de forma pública este domingo coa presenza do conselleiro do Medio Rural, José González. Trátase dunha candidatura que bota a andar co apoio de todo o partido resultado dunha rexeneración consensuada e ilusionante para todos.
É un equipo con novas incorporacións pero que suma tamén a experiencia de concelleiros da actual corporación e a reincorporación, nos primeiros postos, de dous concelleiros que xa estiveran en lexislaturas anteriores, Ricardo Arias Alvaredo e Marcos López Sánchez.
Ademais da propia cabeza de lista, que se estrea en política despois de acumular experiencia na representación e xestión no ámbito do asociacionismo, cinco dos dez primeiros postos na candidatura son ocupados por persoas que non concurriron antes en ningunha lista electoral.
A veteranía atópase tamén presente na candidatura coa implicación, nos postos 15 e 17, de dous exconcelleiros: Manuel Valiña López e Fernando Carlos Rodríguez Pérez, este último actual presidente do Partido Popular de Sarria.
“Representamos un proxecto ilusionante para sacar a Sarria da parálise e o estancamento apostando por unha etapa afastada do clima de crispación que caracterizou a política sarriá durante as últimas lexislaturas, nas que o PSOE e Camiña Sarria se deberon máis aos egos dos seus representantes que ao interese da vila e da súa cidadanía”, sinala Carmen José López.
A candidata agradece o respaldo de todo o partido, destacando que proxecto é moito máis amplo que os 22 integrantes da candidatura. “Hai moitísima xente traballando para que o 28M en Sarria se volva a falar de construir, de medrar e do futuro próspero que merece a nosa vila”, finaliza a candidata popular.
APOSTA POLO MEDIO RURAL
José González destacou que a candidata popular aposta e apostará polo rural do mesmo xeito que o fai o Goberno galego. “A Consellería aposta polo rural galego en xeral e polo de Sarria en particular. Por exemplo, desde o ano 2016 levamos investido preto de 350.000 euros en mellorar os camiños rurais deste municipio, unha cifra que só para este ano se aproxima aos 100.000 euros a través do Plan marco de mellora de camiños municipais”.
“Tamén hai que poñer en valor o traballo que levan a cabo os grupos de desenvolvemento rural. Aquí en Sarria temos un exemplo como foi a rehabilitación dun edificio para cinco vivendas de aluguer social; un proxecto que contou cunha axuda do Leader de case 120.000 euros e que repercute directamente na calidade de vida dos nosos veciños”, salientou José González.
CANDIDATURA AO COMPLETO
Na lista están representados distintos sectores e territorios de Sarria”. A lista ao completo é a seguinte:
1. Carmen José López Rodríguez.
2. Ricardo Arias Alvaredo.
3. Diana García García.
4. Marcos López Sánchez.
5. Jesús Rodríguez Martínez.
6. Mirian Losada Pereiro.
7. José Manuel Fernández González.
8. María Isabel López Valiña.
9. María José Melle Rivas.
10. Pablo Díaz Pradeda.
11. Laura López López.
12. Martín Páramo Fernández.
13. Juana Angelina Rodríguez Rodríguez.
14. Rafael López Fernández.
15. Manuel Valiña López.
16. Albina Vilariño Martínez.
17. Fernando Carlos Rodríguez Pérez.
Suplentes:
1. Mirela Ferizovic Korjenic.
2. Esperanza López Rodríguez.
3. Marcos López López.
4. Raquel Fernández García. 5. José Manuel Corbelle Castro.